A Torre, Seoane, Allariz
A Torre é un lugar da parroquia de Seoane no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 13 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 6 eran homes e 7 mulleres.
A Torre | |
---|---|
Parroquia | Seoane |
Concello | Allariz |
Poboación | 6 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na Torre naceu Francisca Barracel, quen no seu momento foi a galega máis vella con 111 anos, e segue a ser unha dos dez supercentenarios galegos.
FestaEditar
Festa da Fornada: O primeiro sábado de agosto ten lugar a cuarta parte das festas etnográficas O Ciclo do Pan en Allariz, correndo a preparación final do pan a cargo da aldea da Torre. Procédese a amasar e cocer o pan no forno os días previos e o día da festa unha das mulleres do lugar saca o pan nunha táboa mentres baila ata chegar á aira.[1]
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de SeoaneEditar
Lugares da parroquia de Seoane no concello de Allariz (Ourense) | |
---|---|
Casaldoira | Forxás de Montes | Pumares | O Rodicio | Seoane | A Torre |
Parroquias de AllarizEditar
ReferenciasEditar
- ↑ "Festas Etnográficas: O Ciclo do Pan en Allariz". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2012. Consultado o 20 de setembro de 2012.