Aña
A aña, ou añas, son cantos de traballo asociados ás labradas veciñais da terras para a sementeira do millo. Musicalmente acompáñanse do ritmo obtido polo bater das pedras nos sachos.
Características
editarO costume das labradas chegou até os anos setenta do século XX nas comarcas galegas do Condado e da Paradanta, e consta a súa existencia en Boqueixón[1], na Terra de Montes e na Serra do Suído.[2]
Durante estes traballos de axuda mutua, dividíanse as tarefas manuais entre dous bandos de labregas[a] que competían por rematar primeiro a súa parte. As vencedoras gañaban o dereito a "botala aña", isto é, iniciar unha serie de cantigas sarcásticas dedicados ás perdedoras, mentres se acompañaban da música producida polo bater das pedras nas ferramentas de labranza.[3][4]
O nome de aña, cría femia da ovella, emprégase neste caso como sinónimo de animal ruín con poucas posibilidade de supervivencia, e dáselle o sentido de premio aldraxante para o bando derrotado. De feito, na temática das cantigas empregadas nas añas, abundan as referencias ao animal e a súa familia.[5][6]
Nalgunhas zonas era tradición tamén que as vencedoras, que labraban un dos cabeceiros da leira enviasen un ramallo espetado no arado aos do cabeceiro perdedor.[6] Entregado este ramo bailábase con el que, por extensión, recibe tamén o nome de aña.[3][5]
A asociación cultural Trépia de Pontevedra organiza desde o ano 2010 a "aña urbana", un encontro arredor dos bailes e cantares vencellado ao ciclo das labradas.[7][8]
Notas
editar“ | que d’acá botamos nós-e mataremos un carneiro i-os collóns serán pra vos-e.
mociñas do cabeceiro Xa que levaste-la aña, levai tamén o carneiro. |
” |
—Cantigas da aña |
- ↑ Eran maioritariamente as mulleres as encargadas de traballar cos legóns.
- Referencias
- ↑ Carpintero, Pablo. "Ferramentas agrícolas". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consello da Cultura. Consultado o 2021-04-08.
- ↑ Outeiro, Xandre (2012). ManüEle... de Pandeireta e canto tradicional. Ediciones Intermitentes. p. 63.
- ↑ 3,0 3,1 Camafeita, Olga (2001). "Aña". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo).
- ↑ Pablo Carpintero, Rosa Sánchez (2019). Música e evolución. p. 40m 27s.
- ↑ 5,0 5,1 Feijoo, Xisco (2020). "As añas". Aturuxo (19): 69–71.
- ↑ 6,0 6,1 Carpintero, Pablo. "Ferramentas agrícolas". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consultado o 2021-04-08.
- ↑ Aña Urbana 2013 Asociación Cultural Trépia. Trépia Asociación Cultural. 2013.
- ↑ Asociación Cultural Trépia. "Aña Urbana". trepia.org. Consultado o 2021-04-08.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Feijoo, Xisco (2020). "As añas". Aturuxo (Asociación de Gaiteiros Galegos) (19): 69–71.
- Outeiro, Xandre (2020). "Vós que levade-la iaña". Aturuxo (Asociación de Gaiteiros Galegos) (19): 72–75.
- Ignacio Costa, Guillerme (2020). "O ritual da i-aña: moito máis ca tocar os leghóns". Aturuxo (Asociación de Gaiteiros Galegos) (16): 50–53.
- Camafeita Longa, Olga (2010). Dicionario Da Música Popular En Galicia (PDF). Rinoceronte Editora. ISBN 8493781657.
- Carpintero Arias, Pablo (2010). Os Instrumentos musicais na tradición galega. Difusora de Letras, artes. ISBN 8492958057.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Os ciclos do ano en Toutón - TVG (Alalá nº 59 - 2008)
- Labrada en Queimadelos - ACF O Fiadeiro - Luar (01/2018) - TVG - Youtube.
- O ritual da i-aña, as labradas e as sachadas - Gillerme Inácio Costa - Lume na Palleira (11/2020) - Radio Galega.