Cantos das labradas

Os cantos das labradas son cantos de traballo cos que en Galiza se acompañaban tradicionalmente as labradas colectivas das leiras, nos meses de abril e maio.[1]

Cantos de traballo en Galiza.

Características editar

 
Algúns dos cantos das labradas acompañábanse da música producida polos sachos.[2]

Durante o proceso da labranza primaveral dos terreos entoábase, cando menos nas comarcas do sur de Pontevedra, un conxunto de cantos para acompañaren o traballo. Deste xeito, as labradas non eran só un labor agrario senón tamén unha festa. A celebración permitía esquecer por momentos a dureza da tarefa, alén de fortalecer as relacións entre os membros da colectividade.

Nos cantos das labradas inclúense cantos que abranguen todo o ciclo de preparación das veigas:

  • O cantar de arada,[3] cantares que se botan ao marcar os regos co arado.
  • A aña,[4] un cantar que se botaba ao remate dunha competencia amigábel entre dous grupos de labregos. O grupo vencedor, o que primeiro remataba a súa parte, gañaba a aña, é dicir o dereito a cantarlle ao outro grupo cantigas de escarnio. Os cantos da aña acompañábase dos petos das pedras contra os sachos a ritmo de muiñeira ou xota e, nalgúns lugares, daban lugar a un baile na propia veiga, o baile das labradas.[5]
  • O agradecemento,[6] finalizado o traballo era tradición que o "amo", o dono da leira labrada, ofrecese aos veciños unha merenda campestre durante a que botaban cantigas en agradecemento polo banquete.

En xuño, a veciñanza volvíase xuntar para sachar o veiga, é dicir, rarear o millo e remover as malas herbas. Para esta ocasión volvían a existir cantigas específicas: os cantos de sachadas.[7]

Notas editar

'
Viva o noso amo d'hoxe,

que é un ramo d'alegria

Que nos puxo de comer-e,

Ai!!! A gusto de señoría.

—Cantar de agradecemento

  1. Camafeita, Olga (2001). "Cantos de labradas". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  2. Carpintero, Pablo. "Ferramentas agrícolas". Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega. Consello da Cultura. Consultado o 2021-04-08. 
  3. Camafeita, Olga (2001). "Cantar de arada". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  4. Camafeita, Olga (2001). "Aña". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  5. Camafeita, Olga (2001). "Baile das labradas". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  6. Camafeita, Olga (2001). "Agradecemento". A música popular en Galicia (PDF). Proxecto de fin de carreira (Universidade de Vigo). 
  7. Alalá nº 59 (2008). Os ciclos do ano en Toutón. Youtube. p. 25m 5s. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar