8madrid

8madrid é unha canle madrileña de televisión local de carácter autonómico, que emite na Comunidade de Madrid. Pertence a Televisión Digital Madrid S.L.U., grupo xestionado polo presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo.

8madrid
Inicio das emisións marzo de 2006
Propiedade de Televisión Digital Madrid S.L.U.
Formato da imaxe 4:3
Datos de audiencia 0,7% (outubro de 2012, FormulaTV)
Slogan Cada vez, más
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Comunidade de Madrid
Sede central Madrid
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT Alcalá de Henares: 46
Alcobendas: 51
Parla:28
Aranjuez: 21
Collado Villalba: 29
Fuenlabrada: 42
Madrid: 39
Móstoles: 30
Pozuelo de Alarcón: 23
San Martín de Valdeiglesias: 51
Soto del Real: 35
Cable
ONO Dial 988

Na rede
Páxina web de 8madrid

A oferta de 8madrid TV está baseada principalmente no cine nacional e internacional, xa que a oferta cinematográfica de Enrique Cerezo conta cun catálogo de máis de 3000 películas. A cadena emite cine sen cortes publicitarios nun 80%. O resto da programación da canle está composta por series, debuxos animados, programas de cociña, ademais de telenovelas e cine erótico de madrugada.

En abril de 2008, 8madrid chega a un acordo con CRN para a produción dos informativos locales, baixo a marca CRN Madrid. Esta colaboración mantívose ata comezos de 2010, cando a canle decidiu producir os seus propios informativos.