16 Psyche

asteroide

16 Psyche é un asteroide pertencente ó cinto de asteroides descuberto por Annibale de Gasparis o 17 de marzo de 1852 dende o observatorio de Capodimonte en Nápoles, Italia. Nomeouse deste xeito pola deusa alegórica da mitoloxía grega Psique.[2]

16 Psyche
Imaxe de Psyche captada polo Very Large Telescope.
Descubrimento
DescubridorAnnibale de Gasparis
Data17 de marzo de 1852
Designacións
Designación de planetoide(16) Psyche
Pronunciación[ˈpsike̝]
Nomeado por
Psique (ψυχή)
Cinto de asteroides
Símbolo
Carcterísticas orbitais
Época 2457000,5 (09/12/2014) TDB[1]
Afelio3.321 UA
Perihelio2.524 UA
2.923 UA
Excentricidade0.1364
1825 días
334.7 °
Inclinación3,099 °
Lonxitude do nodo ascendente
150.3 °
Argumento do perihelio
227.1 °
Características físicas
Diámetro medio
253.2 Km
5.9

Características editar

Tamaño e composición editar

É un corpo de 210 quilómetros de diámetro situado no cinto de asteroides entre os planetas Marte e Xúpiter e, mentres que a inmensa maioría dos asteroides coñecidos están constituídos por rocha e xeo, 16 Psyche é unha rareza pois está composto por ferro e níquel. Unha teoría apunta que o asteroide puido ser o núcleo metálico dun antigo planeta do sistema solar que tiña o tamaño de Marte e perdeu todas as súas capas exteriores fai miles de millóns de anos por colisións con outros corpos.

Presenza de auga editar

A instalación do telescopio infravermello nos observatorios de Mauna Kea da NASA deu a coñecer probas da presenza de auga ou ións hidroxilo no asteroide en outubro de 2016. Pénsase que a auga alcanzou Psyche grazas ós impactos doutros asteroides máis pequenos que conteñen substancias volátiles como carbono e auga.[3][4][5]

Valor comercial editar

Lindy Elkins-Tanton, a científica principal da misión da NASA a Psyche, estimou que se o corpo de 200 quilómetros de ancho puidese ser dalgunha maneira transportado á Terra, tan só o ferro acadaría un prezo de 10 000 cuadrillóns de dólares estadounidenses.[6]

 
Múltiples imaxes de Psyche tomadas polo Very Large Telescope.

Características orbitais editar

Psyche orbita a unha distancia media de 2,923 UA do Sol, podendo achegarse ata 2,524 UA e afastarse ata 3,321 UA. Ten unha excentricidade de 0,1364 e unha inclinación orbital de 3,099°. Emprega 1825 días en completar unha órbita ó redor do Sol.[1]

Misión da sonda Psyche editar

Artigo principal: Psyche (nave espacial).
 
Recreación artística da nave espacial Psyche orbitando o asteroide Psyche.

A NASA aprobou o 4 de xaneiro de 2017 un proxecto para explorar Psyche cunha sonda. Lindy Elkins-Tanton, da Universidade Estatal de Arizona e líder da misión, afirmou que 16 Psyche é o único obxecto da súa clase en todo o sistema solar e é a única forma de que os humanos visiten un núcleo planetario.

Está previsto o lanzamento da sonda espacial Psyche para xullo de 2022 a bordo dun foguete Falcon Heavy,[7] que entrará na órbita do asteroide o 31 de xaneiro de 2026.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "(16) Psyche". Jet Propulsion Laboratory (en inglés). Consultado o 01-07-2020. 
  2. Schmadel, Lutz D. (2003). Dictionary of Minor Planet Names (en inglés) (5ª ed.). Springer. ISBN 3-540-00238-3. 
  3. Atkinson, Nancy. "Pure Metal Asteroid Has Mysterious Water Deposits". Universe Today. Consultado o 01-07-2020. 
  4. Simpson, Julia. "Giant Metallic Asteroid Psyche May Have Water". Politicallore. Consultado o 01-07-2020. 
  5. Emspak, Jesse (27-10-2016). "Giant Metallic Asteroid Psyche May Have Water". Space.com (en inglés). Consultado o 01-07-2020. 
  6. Scotti, Monique (14-01-2017). "NASA plans mission to a metal-rich asteroid worth quadrillions". Global News (en inglés). Consultado o 02-07-2020. 
  7. Foust, Jeff (28-02-2020). "Falcon Heavy to launch NASA Psyche asteroid mission". SpaceNews.com (en inglés). Consultado o 01-07-2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar