Falcon Heavy

vehículo de lanzamento espacial de SpaceX


O Falcon Heavy (FH) ("Falcón Pesado"), anteriormente coñecido como Falcon 9 Heavy, é un vehículo de lanzamento espacial pesado parcialmente reutilizable, deseñado e fabricado por SpaceX. O Falcon Heavy é unha variante do lanzador Falcon 9 e consiste nun núcleo de foguete Falcon 9 reforzado, con outros dous núcleos de Falcon 9 como foguetes aceleradores adicionais.[3] Isto aumenta a carga útil da órbita terrestre baixa (OTB) a 64 toneladas, comparado coas 22,8 toneladas dun Falcon 9. O Falcon Heavy foi deseñado dende o principio para levar ós seres humanos ó espazo, permitindo misións con tripulación á Lúa ou Marte.

Falcon Heavy
Logo
FunciónLanzador espacial pesado
fabricanteSpaceX
país de orixeEstados Unidos
Tamaño
altura54,9 m
diámetro3,6 m[1]
ancho
  • 12,2 m
masa885.000 kg[1]
Etapas2[1]
Lanzamento históricos
EstadoEn servizo[1]
Voo inaugural6 de febreiro de 2018[1][2]
Acelerarores – Acelerador Falcon Heavy
diámetro3,6 m[1]
impulsado por9 Merlin 1-C ou Merlin 1-D segundo versión
propelenteOxíxeno líquido e queroseno.[1]
Primeira etapa – Primeira etapa
altura54,9 m
diámetro3,6 m[1]
masa cheo885.000 kg[1]
impulsado por9 Merlin 1-C ou Merlin 1-D segundo versión
potencia máxima15.000 kN[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno.[1]
Segunda etapa – Segunda etapa
impulsado por1 Merlin 1-C ou Merlin 1-D[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno.[1]
editar datos en Wikidata ]

Despois da investigación do fracaso de Falcon 9 CRS-7 en 2015,  e dos repetidos atrasos no desenvolvemento de foguetes, o lanzamento do primeiro Falcon Heavy tivo lugar o 6 de febreiro de 2018.[4] Despois do primeiro lanzamento a capacidade do Falcon Heavy ampliouse usando a tecnoloxía utilizada no desenvolvemento dos Falcon 9 Block 5.[1][2][5]

Historial de lanzamentos editar

Voo[1][2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 6 de febreiro de 2018 Tesla Roadster Éxito Primeiro voo dun Falcon Heavy.
2 11 de abril de 2019 Arabsat 6A Éxito
3 25 de xuño de 2019 DSX / FORMOSAT 7A / 7B / 7C / 7D / 7E / 7F / GPIM / OTB 1 / NPSat 1 / Oculus-ASR / Prox 1 / LightSail 2 / ARMADILLO / FalconSat 7 / E-TBEx A, B / PSat 2 / BRICSat 2 / Prometheus 2.6 / Prometheus Mass Model / TEPCE 1, 2 / CP 9 (LEO) / StangSat Éxito
4 1 de novembro de 2022 USA 339 / LDPE 2 / Tetra 1 / USUVL / LINUSS 1 e 2 Éxito
5 15 de xaneiro de 2023 CBAS 2 / LDPE 3A Éxito
6 1 de maio de 2023 ViaSat 3.1 / Arcturus / G-Space 1 Éxito
7 13 de outubro de 2023 Psyche Éxito
8 28 de decembro de 2023 X-37B OTV-7 Éxito

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 Mark Wade (2020). "Falcon 9 Heavy" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Falcon-Heavy" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  3. "Falcon 9 Overview". SpaceX. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2018. 
  4. "Todo listo para el estreno del supercohete Falcon Heavy rumbo a Marte". 
  5. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Falcon-Heavy (Block 5)" (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar