Falcon 1

Foguete espacial privado.


Falcon 1 foi o nome do primeiro modelo da familia de foguetes Falcon.[1]

Falcon 1
FunciónLanzador espacial lixeiro.
fabricanteSpaceX
país de orixeEstados Unidos
Tamaño
altura21,3 m[1]
diámetro1,70 m[1]
masa27.670 kg[1]
Etapas2[1]
Carga LEO
masa420 kg[1]
foguetes derivados
FamiliaFalcon[1]
Lanzamento históricos
EstadoActivo[1]
SitiosIlla Omelek, Base Vandenberg da Forza Aérea[1][2]
Total de lanzamentos5[1]
exitosos2[1]
fallos3[1]
Voo inaugural24 de marzo de 2006[1]
Último voo14 de xullo de 2009[1]
Primeira etapa – Falcon 1-1[2][3]
altura12,3 m[3]
diámetro1,70 m[3]
masa baleiro1505 kg[3]
masa cheo22.993 kg[3]
impulsado por1 Merlin 1[2][3]
potencia máxima369,0 kN[3]
Impulso específico300 s (282 s a nivel do mar)[3]
propelenteQueroseno/Oxíxeno líquido[3]
Segunda etapa – Falcon 1-2[2][4]
altura5,50 m[4]
diámetro1,70 m[4]
impulsado por1 Kestrel[2][4]
potencia máxima33,0 kN[4]
Impulso específico317 s[4]
propelenteQueroseno/Oxíxeno líquido[4]
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Falcon 1 foi deseñado pola empresa SpaceX para ser un lanzador barato e reutilizable. Como propelente usa queroseno e oxíxeno líquido e usa un único motor en cada unha das súas etapas: un Merlin 1 na primeira e un Kestrel na segunda. A carga típica dos Falcon 1 son pequenos satélites destinados á órbita baixa.[1][2]

Os primeiros voos do Falcon 1 planificáronse para 2004, pero diversos atrasos pospuxeron o primeiro intento a 2006, que tivo lugar desde a illa Omelek, no océano Pacífico e que resultou en fracaso por un problema co circuíto de propelente. O primeiro voo exitoso tivo lugar ao cuarto intento, en 2008.[1][2]

A estrutura da primeira etapa é monocasco e construída nunha aliaxe de aluminio. A segunda etapa está construída nunha aliaxe de aluminio e litio.[1][2]

Historial de lanzamentos

editar
Voo[1][2] Data[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 24 de marzo de 2006 Falconsat 2 Fallo Primeiro voo de proba. Fallo no sistema de distribución de propelente.
2 21 de marzo de 2007 Demosat Fallo Segundo voo de proba. Fallo da segunda etapa.
3 3 de agosto de 2008 Trailblazer, PreSat, NanoSail D, Celestis 07 Fallo Terceiro voo de proba. Fallo na separación entre as etapas.
4 28 de setembro de 2008 Ratsat Éxito
5 14 de xullo de 2009 RazakSat 1 Éxito
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 Mark Wade (2011). "Falcon 1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Falcon-1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Mark Wade (2011). "Falcon 1-1" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Mark Wade (2011). "Falcon 1-2" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar