Corpo menor do Sistema Solar

Un corpo menor do Sistema Solar (CMSS ou do inglés SSSB, small Solar System body) é, segundo a resolución da UAI (Unión Astronómica Internacional) do 22 de agosto de 2006, un corpo celeste que orbita en torno ao Sol e que non é planeta, nin planeta anano, nin satélite:

De esquerda a dereita, reprodución a escala de Vesta, Ceres e a Lúa. Ceres é o planeta anano máis pequeno, e Vesta o corpo menor máis grande (exceptuando os obxectos transneptunianos).
Recreación artística do nacemento do Sistema Solar (NASA).
Todos os outros obxectos [referido aos que non sexan nin planetas nin planetas ananos nin satélites], e que orbitan arredor do Sol, débense denominar colectivamente "corpos menores do sistema solar" (Small Solar-System Bodies).
Estes actualmente inclúen a maioría dos asteroides do sistema solar, a maioría dos obxectos transneptunianos (OTN), cometas, e outros pequenos corpos.[1]

Por conseguinte, segundo a definición da UAI, son corpos menores do sistema solar, independentemente da súa órbita e composición:

Segundo as definicións de planeta e de planeta anano, que atenden á esfericidade do obxecto debido á súa gran masa, pódese definir como corpo menor do sistema solar, por exclusión, a todo corpo celeste que, sen ser un satélite, non acadase suficiente tamaño ou masa como para adoptar unha forma esencialmente esférica.

Segundo algunhas estimacións, a masa requirida para acadar a condición de esfericidade situaríase en torno aos 5 × 1020 kg, resultando o diámetro mínimo en torno aos 800 km. Porén, características como a composición química, a temperatura, a densidade ou a rotación dos obxectos poden variar notabelmente os tamaños mínimos requiridos, polo que se rexeitou asignar valores apriorísticos á definición, deixando a resolución individual de cada caso á observación directa.[2]

Segundo a UAI, algúns dos corpos menores do sistema solar máis grandes poderían reclasificarse no futuro como planetas ananos, tras un exame para determinar se están en equilibrio hidrostático, é dicir: se son suficientemente grandes para que a súa gravidade venza as forzas do sólido ríxido ata ter adoptado unha forma esencialmente esférica.[3]

Exceptuando os obxectos transneptunianos, os corpos menores do sistema solar de maior tamaño son Vesta e Pallas, con algo máis de 500 km de diámetro.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar