Ítaca (en grego, Ἰθάκα, Ἰθάκη) é o nome dunha antiga cidade grega na illa do seu mesmo nome, situada no arquipélago das illas Xónicas. Aínda que moitas fontes antigas que se refiren a Ítaca adoitan citar máis ben á illa no seu conxunto, xa a Odisea de Homero alude á cidade de Ítaca, que sitúa ao pé do monte Neio.[1]

Outras referencias expresas á cidade de Ítaca en diversas obras literarias aparecen o Cíclope de Eurípides[2] ou no Periplo de Pseudo-Escílax.[3] Tamén aparece documentada en testemuños epigráficos como dúas inscricións de Magnesia do Meandro datadas entre os séculos III e II a. C. Nunha delas testemúñase a celebración dun festival chamado Odisea.[4][5]

Consérvanse tamén moedas de Ítaca datadas entre os séculos IV e II a. C. que conteñen a lenda «ΙΘΑ» ou «ΙΘΑΚΩΝ».[6]

Notas editar

  1. Homero, Odisea III,81.
  2. Eurípides, O Cíclope 277.
  3. Periplo de Pseudo-Escílax, 34.
  4. "Regions: Asia Minor, Caria; Magnesia 30". epigraphy.packhum.org (en grego). Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  5. "Regions; Asia Minor: Caria, Magnesia 52". epigraphy.packhum.org (en grego). Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  6. Hansen & Nielsen (2004), pp. 360-361

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hansen, Mogens Herman; Nielsen, Thomas Heine (2004). An inventory of archaic and classical poleis. Oxford / Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-814099-1.