Ío

Descubrimento
Descuberto por S. Marius
G. Galilei
Descuberto en 1610
Características orbitais
Raio medio 421.600 km
Excentricidade 0,041
Período de revolución 1 d 18 h 27,6 m
Inclinación 0,040°
Satélite natural de Xúpiter
Características físicas
Diámetro ecuatorial 3.632 km
Área superficial 41.000.000 km²
Masa 8,94×1022 kg
Densidade media 3,55 g/cm³
Aceleración gravítica
na superficie
1,81 m/s²
Gravidade na superficie (Terra = 1) 0,1847
Período de rotación 1 d 18 h 27,6 m
Inclinación axial °
Albedo 0,61
Temperatura
na superficie
min med max
K 130 K 2.000 K
Características atmosféricas
Presión atmosférica Vestixios kPa
Dióxido de xofre %

Ío é o satélite máis próximo do planeta Xúpiter, descuberto por Galileo Galilei co recentemente creado telescopio. Recibe o seu nome de Ío procedente da mitoloxía grega. Trátase dun dos catro maiores satélites de Xupiter, tamén chamados galileanos, en homenaxe ao seu descubridor e recibiu inicialmente o nome de Xúpiter I por ser o primeiro satélite de Xúpiter segundo a súa proximidade ó planeta.

Características físicas editar

A diferenza da maior parte das lúas do Sistema Solar, Ío podería ter unha composición química similar á dos planetas telúricos, principalmente compostos de rochas de silicatos. Datos recentes procedentes da misión Galileo indican que pode ter un núcleo de ferro cun raio duns 900 km.

Cando a sonda Voyager 1 enviou as primeiras imaxes de Ío en 1979, os científicos esperaban atopar numerosos cráteres, proporcionando datos sobre a idade do satélite. Contrariamente ás expectativas, Ío non tiña practicamente cráteres. A lúa ten unha actividade volcánica tan intensa que borrou por completo os sinais de cráteres de impactos pasados na súa superficie. Ademais dos volcáns, a superficie conta coa presenza de montañas non volcánicas, lagos de xofre fundido, caldeiras volcánicas de varios quilómetros de profundidade e fluxos extensos de varios centos de quilómetros de longo, compostos por material fluído moi pouco viscoso (posiblemente algún tipo de composto de xofre fundido e silicatos). O xofre e os seus compostos adquiren unha gran variedade de cores, responsables da aparencia superficial do satélite.

 
Interior de Ío.

Ío podería ter unha fina atmosfera composta de dióxido de xofre e algúns outros gases. A diferenza dos demais satélites galileanos, carece case por completo de auga. Isto é debido probablemente a que na formación dos satélites galileanos Xúpiter estaba tan quente que non permitiu condensar os elementos máis volátiles na rexión próxima ao planeta. Aínda así, estes volátiles si puideron condensarse máis lonxe, dando lugar aos demais satélites, que amosan unha importante presenza de xeo.

En canto ao interior do satélite pode intuírse a súa composición estudando a súa densidade, que é aproximadamente 3,5 g/cm³. A densidade do ferro é de aproximadamente 5, e a do silicato é 3.

Actividade volcánica editar

 
Volcáns de Ío observados pola sonda Galileo.

Ío é o corpo do Sistema Solar con maior actividade volcánica. Os volcáns de Ío, a diferenza dos terrestres, expulsan dióxido de xofre. A enerxía necesaria para manter esta actividade volcánica provén da disipación a través de efectos de mareas producidos por Xúpiter, Europa e Ganímedes, dado que as tres lúas se atopan en resonancia orbital.

Algunhas das erupcións de Ío emiten material a máis de 300 km de altura. A baixa gravidade do satélite permite que parte deste material sexa permanentemente expulsado da lúa, distribuíndose nun anel de material que cobre a súa órbita.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar