Éric Abidal

futbolista francés

Éric Abidal, nado en Lión o 11 de setembro de 1979, é un ex-futbolista francés (de ascendencia de Martinica) que xogaba na posición de lateral esquerdo, aínda que podía adaptarse ao posto de central.

Modelo:BiografíaÉric Abidal

(2008) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Eric Abidal Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Eric Sylvain Abidal Editar o valor en Wikidata
11 de setembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Saint-Genis-Laval, Francia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–2014) Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata - 2014 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral e defensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1999–2000 Association Sportive Lyon-Duchère
2000–2002 AS Monaco FC 22(0)
2002–2004 Lille OSC 62(0)
2004–2007 Olympique Lyonnais 76(0)
2007–2013   FC Barcelona 125(0)
2013–2014 AS Monaco FC 26(0)
2014–2014 Olympiakos FC 9(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2013   Francia 67(0)
Participou en
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2324009 Instagram: abi22ericabidal FIFA: 217974 UEFA: 56293 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Debutou no ano 2000 nas filas do AS Mónaco, co que disputou 22 partidos ligueiros ao longo de dúas tempadas. Unha vez terminadas foi traspasado ao Lille OSC, no que adoptou o alcume de "O Queniata" debido á súa forza e resistencia física. Abidal tamén permanecería dous anos no club, aínda que nesta ocasión disputou 62 encontros ligueiros.

O seu rendemento chamou a atención do Olympique de Lión que decidiu fichalo en 2004 a pesar de que uns meses antes fora detido pola policía francesa ao acharlle 200 gramos de haxix no seu coche.

Participou máis tarde no Mundial de Alemaña. Nesta cita mundialista, a prensa fixo especial fincapé en que a maior parte dos xogadores que integraban o combinado de Raymond Domenech procedían xa sexa das antigas colonias de Francia ou dos territorios franceses de ultramar. Entre eles estaba Abidal, posto que os seus pais naceron en Martinica.

Finalmente, o 28 de xuño de 2007 o FC Barcelona tras chegar a un acordo co Olympique de Lión, fichou ao lateral francés por 14 millóns de euros e foi presentado co dorsal 22.

Eric debutou co club azulgrana durante a pretemporada realizada en Escocia e Asia. foi nomeado mellor lateral esquerdo de Europa no ano 2007 ao ser nomeado no equipo ideal da FIFA.

Na tempada 2009/2010, empezou moi ben, pero unha lesión fixo que se perdese gran parte da tempada, ocupando o seu lugar o brasileiro Maxwell. Volveu no último partido da tempada, contra o Real Valladolid, partido no que o FC Barcelona gañou a Liga BBVA. Ese día, Eric fixo un gran partido.

Selección nacional

editar

Foi internacional coa Selección de fútbol de Francia, xogou 67 partidos internacionais.

Participacións en Mundiais

editar
Mundial Sede Resultado
Mundial 2006   Alemaña Subcampión
Mundial 2010   Suráfrica Primeira fase

Palmarés

editar

Campionatos nacionais

editar
Título Club País Ano
Ligue 1 Olympique de Lión Francia 2005
Ligue 1 Olympique de Lión Francia 2006
Ligue 1 Olympique de Lión Francia 2007
Copa do Rei FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2009
Supercopa de España FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2010
Supercopa de España FC Barcelona España 2010

Copas internacionais

editar
Título Club País Ano
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona España 2009
Supercopa de Europa FC Barcelona España 2009
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona España 2009

Vida persoal

editar

Esta casado con Hayet Kebir, unha francesa de orixe alxerina, e converteuse ao islam. Teñen dúas fillas.

Abidal é un experto en decoración e bricolaxe, ademais é un dos donos dun restaurante de alta cociña francesa de Lión.[1]

Éric marcou o seu primeiro gol en partido oficial no Estadio de San Mamés o 5 de xaneiro de 2011, salvando un penalti na quenda eliminatoria no Mundial de Alemaña 2006, pero non serviu de nada posto que Italia acabaría impóndose.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar