Épinay-sur-Orge é unha cidade e comuna francesa, situada no departamento de Essonne, na rexión de Ile-de-France. Os seus habitantes son coñecidos en francés como Spinoliens.[1]

Modelo:Xeografía políticaÉpinay-sur-Orge
Imaxe

EpónimoRio Orge (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°40′26″N 2°19′38″L / 48.6739, 2.3272
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsIlla de Francia
DepartamentoEssonne Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación9399 (2.423,42 hab./km²)
XentilicioSpinoliens (en francés)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921672 Traducir
Paris unité urbaine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie4,44 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude36 m-89 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataVéronique Francois (en) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal91360 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Sitio webville-epinay-sur-orge.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: epinaysurorge LinkedIn: mairie-d-epinay-sur-orge Editar o valor en Wikidata

O asentamento ten orixes prehistóricas e protohistóricas (galo-romanas), tendo sido unha posesión da Abadía de Saint-Germain-des-Prés desde o século VIII ata o XVI, para despois pasar a mans de parlamentarios parisienses. Protexida da urbanización até o século XIX pola familia Carafa, a cidade experimentou un crecemento significativo desde a década de 1920 cunha serie de urbanizacións, converténdose nunha localidade de carácter residencial.

Xeografía e historia

editar

Épinay-sur-Orge está localizada na confluencia dos ríos Orge e Yvette, limitando con varias comunas como Longjumeau ao noroeste e Savigny-sur-Orge ao nordeste. A comuna dispón de dúas estacións ferroviarias que a conectan coa rede de transporte de Île-de-France, integrándose na liña C do RER.[2]

Desde tempos antigos, Épinay-sur-Orge foi un lugar habitado, como demostran os achados prehistóricos e galo-romanos. A primeira mención documentada data do século VIII, cando pasou a ser propiedade da Abadía de Saint-Germain-des-Prés. Durante aIdade Media, o lugar experimentou un desenvolvemento significativo, e no século XIX iniciouse a súa urbanización coa construción de estacións ferroviarias. Nesa época naceu na cidade Madeleine Pelletier, que se converteu na primeira muller francesa doutorada en psiquiatría.[3]

Patrimonio e cultura

editar

Na cidade atópanse varios elementos protexidos como monumentos históricos, incluíndo o parque do dominio de Sillery e un marco quilométrico do século XVIII. A igrexa de Saint-Leu-et-Saint-Gilles, iniciada no século XIII, é outro dos seus monumentos máis relevantes.

Adoita ter unha intensa programación cultural, deportiva e de lecer.[4]

Demografía

editar
Serie de poboación histórica de Épinay-sur-Orge
Ano196219681975198219901999
Poboación610390329366874596889399

Notas

  1. "Accueil". Ville Épinay sur Orge (en francés). Consultado o 2024-04-09. 
  2. "Campagne de remboursement RER C". Ville Épinay sur Orge (en francés). 2024-03-22. Consultado o 2024-04-09. 
  3. "Madeleine Pelletier - Ateneo Virtual". alasbarricadas.org (en castelán). Consultado o 2024-04-09. 
  4. "Grands rendez-vous spinoliens". Ville Épinay sur Orge (en francés). Consultado o 2024-04-09. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar