Élie Boudeau

político e numismático francés

Jean Élie Isidore Boudeau, nado en La Rochelle o 4 de febreiro de 1852 e finado en Gagny o 28 de maio de 1912, foi un político e numismático francés.

Infotaula de personaÉlie Boudeau

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1852 Editar o valor em Wikidata
La Rochelle, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de maio de 1912 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Gagny, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Member of parliament for the Seine (en) Traducir
12 de novembro de 1889 – 14 de outubro de 1893
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , numismático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Élie Boudeau naceu en La Rochelle, departamento francés de Charente Marítimo, o 4 de febreiro de 1852,[1][2] fillo de Eulalie Anne Papin (nada en 1825) e do comerciante Élie Isidore Boudeau (nado en 1811).[1] A orixe modesta da súa familia non lle permitiu recibir unha educación superior.[3]

Os seus inicios profesionais foron como representante de comercio e posteriormente dedicouse como empresario á fabricación de xabón.[1][2][3]

Carreira política editar

En 1871, aos 19 anos, exento de cumprir o servizo militar, ingresou no corpo de francotiradores de París.[1] Deu conferencias sobre a abolición dos orzamentos eclesiásticos, sobre a reforma do calendario e sobre política republicana.[3]

 
Caricatura dos deputados boulanxistas. Boudeau é o segundo pola esquerda da ringleira superior.

Foi un membro activo da Liga dos Patriotas (Ligue des patriotes). Nas eleccións do 22 de setembro de 1889 resultou elixido deputado polo hoxe desaparecido departamento do Sena na 4ª circunscrición de Saint-Denis (Courbevoie),[2] cargo que exerceu entre o 6 de outubro de 1889 e o 14 de outubro de 1893, na candidatura do Partido Boulanxista (seguidores de Georges Boulanger).[1][3][4] A súa participación neses comicios foi posible grazas ao apoio do nacionalista Paul Déroulède, figura do boulanxismo e fundador da Liga de Patriotas.[5]

En agosto de 1892, a fiscalía do departamento do Sena emitiu unha orde de detención contra Boudeau en relación co asunto Vergnaud, un cambiador boulanxista que estaba fuxido. No medio deste proceso xudicial, Boudeau viaxou a Lión e a prensa chegou a dalo por desaparecido.[6] Posteriormente viuse tamén implicado noutros problemas xudiciais, como o caso da Caixa Central de París[7] —durante o que se refuxiou en Bruxelas—.[3] Así mesmo, o propietario da fábrica onde producía xabón presentou unha denuncia contra el por falta de pagamento de facturas, aínda que finalmente foi declarado inocente destes cargos. En 1895 foi detido pola xendarmería belga e entregado ás autoridades francesas por creba fraudulenta. Estivo na cadea en Lille antes de ser trasladado a París.[8]

Élie Boudeau era masón e foi membro da loxa Émile Zola, Oriente de París. Entre outras entidades, formou parte da Sociedade Francesa de Estatística (desde 1882)[9] e da Sociedade Positivista de París (28 de novembro de 1877 a 1885). Tamén foi secretario do Círculo de Estudos Sociais dos Proletarios Postitivistas de París (1878) e dirixiu a revista Revue Occidentale, fundada en 1878.[3]

Numismático editar

Élie Boudeau foi un grande afeccionado á numismática.[3] El mesmo explicaba nunha declaración á prensa a súa paixón cara a esta disciplina:[6]

A miña afección é a ciencia numismática. Non hai máis ca iso! Apaixónanme de tal xeito as moedas que á hora de xantar teño unha nunha man —ao dicir iso, amosaba unha moeda do Primeiro Imperio— e como coa outra! É un descanso da política e de todas as súas historias!.

En París abriu un comercio de numismática, na rúa Louvois, chamado Cabinet de Numismatique,[10] e publicou numerosos catálogos coas súas poxas de moedas.[11]

En 1893 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática,[1] e en 1905 foi elixido membro da British Numismatic Society,[12] de Londres.[3]

Vida persoal editar

Élie Boudeau casou, cara a 1892, con Honorine Dewarne (nada en 1853). Logo de enviuvar, casou en segundas nupcias en 1897 con Apolone Toyon (finada en 1898), con quen acolleu como filla unha nena de tres anos nada en Bruxelas en 1894, chamada Germaine Pauline.[1][3]

Élie Boudeau finou na vila de Gagny, no departamento de Sena-San Denis, o 28 de maio de 1912,[1] e está soterrado no cemiterio das Abadesas de Gagny.[1][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mayeur, J-M.; Schweitz, A. (2001).
  2. 2,0 2,1 2,2 Vapereau, G. (1893).
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 "Boudeau, Jean Élie Isidore". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHAS.fr).
  4. "Elie, Isidore, Jean Boudeau". Assemblée nationale.
  5. Les coulisses du Boulangisme. Léopold Cerf, París. 1890. Páxina 325,
  6. 6,0 6,1 "Le Député Boudeau". En L'Echo de Lyon. 14 de agosto de 1892.
  7. "Un Déuté en police correctionelle". En. La Dépêche. 30 de maio de 1893.
  8. "Petites nouvelles". En L'Express du Midi. 25 de abril de 1895.
  9. "Liste alphabétique des membres". En Journal de la Société de Statistique de Paris. Nº 1. Xaneiro de 1890. Páxina 25.
  10. "Cabinet de Numismatique". Archive.org
  11. "Cabinet de Numismatique [E. Boudeau], Paris". En Die numismatische Bibliothek Alain Poinsignon, Straßburg. Künker. 2021. Páxinas 55-56.
  12. The British Numismatic Journal and Proceedings of the British Numismatic Society. British Numismatic Society. . Páxina 440.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Jolly, J. (dir.) (1960). "Élie Boudeau". En Dictionnaire des parlementaires français (1889-1940). Presses universitaires de France, París.
  • Mayeur, J-M.; Schweitz, A. (2001). "Boudeau, Jean Élie Isidore". En Les parlementaires de la Seine sous la Troisième République. Volume 1. Publications de la Sorbonne. Páxina 97. ISBN 978-2-85944-432-7
  • Vapereau, G. (1893). "Boudeau (Élie)". En Dictionnaire universel des contemporains. 6ª ed. Hachette, París. Páxina 202.