Un francotirador é un soldado de infantaría experto en tarefas de camuflaxe e tirador de elite, que dispara cun fusil a grandes distancias e desde un lugar oculto, a obxectivos seleccionados. Típica e idealmente, un francotirador hábil acércase ao inimigo (que descoñece a súa presenza), utiliza unha soa bala por branco e retírase sen ser visto.

Un equipo formado por un francotirador e un observador da Forza Aérea dos Estados Unidos.

Historia

editar

A orixe do termo sitúase na Guerra franco-prusiana de 1870-1871. As melloras técnicas permitiron ao exército francés dotarse de rifles de longo alcance, ideais para abater inimigos dende posicións afastadas. Os soldados prusianos chamábanos "franc-tireurs", ("tiradores franceses"). Esta situación foi a que levou aos soldados alemáns a cometer crimes en contra da poboación civil, especialmente en Bélxica, durante a primeira guerra mundial, pois aínda tiñan o recordo das baixas producidas por estes tiradores durante o conflito anterior[Cómpre referencia].

Nas últimas décadas o termo francotirador foi utilizado libremente, especialmente por medios de comunicación en asociación cos tiradores de precisión da policía, para os responsables en asasinatos, a aqueles que disparan a distancias longas e para calquera criminal que está equipado dun rifle nun contexto civil.

Estes novos significados deron á palabra francotirador connotacións pexorativas. Tamén explica o incremento do uso de termos alternativos, especialmente para francotiradores da policía, como tirador de precisión, tirador de elite ou tirador táctico.

Francotiradores militares

editar

Os países teñen distintas doutrinas militares con respecto aos francotiradores en unidades militares, escenarios e tácticas. Xeralmente, a meta dun francotirador en guerra é reducir a capacidade de loita do inimigo abatendo un número pequeno de brancos importantes, como son os oficiais.

As doutrinas militares soviéticas e derivadas inclúen pelotóns de francotiradores que adoitan ser denominados "tiradores de elite" ou "infantería asignada". Isto débese a que a súa habilidade perdeuse entre as tropas ordinarias cando os fusís de asalto empezaron a ser utilizados.

Os francotiradores do Reino Unido, Estados Unidos e doutrinas derivadas teñen despregados a equipos de dous homes, un francotirador e un observador. Teñen cadansúa función, e polo tanto a súa asignación corresponde as súas habilidades, pero e unha práctica común que se intercambien os papeis para evitar a fatiga ocular.

As misións típicas incluían recoñecemento, vixilancia, tarefas contra francotiradores inimigos, eliminar comandantes inimigos, seleccionar obxectivos de oportunidade e incluso eliminar equipo militar, o que require o uso de rifles de gran calibre como o .50 BMG e o .338 Lapua Magnum. Recentemente demostrouse que os francotiradores son útiles nas forzas estadounidenses e británicas na guerra do Golfo como fogo de apoio para cubrir o movemento de tropas, especialmente en zonas urbanas.

Nas Guerras iugoslavas, así como no sitio de Beirut, o termo "francotirador" facía referencia a soldados que aterrorizaban a civís. Durante o sitio de Saraxevo a rúa principal da cidade era coñecida como a Avenida dos Francotiradores, onde estes feriron a 1.030 persoas e mataron a outras 225.

Francotiradores policiais

editar

As forzas policiais adoitan despregar francotiradores en escenarios con reféns. Estes francotiradores están adestrados para actuar como último recurso, cando hai unha ameaza directa á vida. Os francotiradores da policía actúan xeralmente en distancias máis curtas cós francotiradores militares, normalmente menos de 100 metros, e en ocasións menos de 50 metros. Os francotiradores policiais non acostuman intentar disparar para matar, senón que disparan para incapacitar, sendo salientable o uso de balas de area, para desarmar os individuos sen provocarlles graves danos.

Outras utilizacións para os francotiradores da policía son menos comúns e máis polémicas. Nun incidente, un francotirador SWAT previu un suicidio potencial disparando ao revólver da man do obxectivo. A pesar do éxito, as gravacións en vídeo revelaron que o branco apenas puido evitar o dano grave debido á metralla.

As probas subsecuentes de pistolas, rifles e coitelos deron lugar a explosións potencialmente perigosas ou case nunca inhabilitaron algunhas armas de todo. Varios intentos posteriores por outras forzas policiais de desarmar con francotiradores deron lugar a miúdo á morte ou lesións permanentes severas do obxectivo. Ademais, disparar unha bala na dirección do obxectivo é considerado forza mortal en moitas xurisdicións, e o uso de forza mortal para evitar unha vítima de suicidio e considerado ilegal en moitos lugares.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar