Área metropolitana de Valencia
A Área Metropolitana de Valencia atópase na costa central do País Valenciano, no contorno da súa cidade principal, Valencia.[1] Trátase da primeira aglomeración en número de habitantes da comunidade. Como en todo cálculo de áreas metropolitanas, os datos varían segundo as fontes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.763.704 (2021) (2.804,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 628,9 km² | ||||
Poboación
editar- Artigo principal: Lista das maiores áreas metropolitanas de Europa.
Os datos de poboación desta área metropolitana varían dependendo das diferentes fontes consultadas. As cinco fontes consultas no caso de Valencia son o Proxecto ESPON (European Spatial Planning Observation Network), concretamente o seu "Estudio sobre as funcións urbanas", os datos da Eurostat Arban Audit (Auditoría Urbana), das Nacións Unidas, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) correspondente a "rexións metropolitanas", do sitio web citypopulation.de, correspondendo a aglomeracións urbanas e do Instituto Nacional de Estadística.
Fonte | Poboación |
---|---|
ESPON[2] | 1.398.000[3] |
Urban Audit[4] | 1.564.145 |
ONU[5] | 808.000 |
OCDE[6] | 2.300.000 |
Citypopulation.de[7] | 1.630.000 |
INE[8] | 1.738.690 |
Área metropolitana
editarDefinicións
editarSegundo o proxecto AUDES5, a área metropolitana de Valencia, cunha poboación de 1.553.644 habitantes e unha superficie de 866,4 km²,[9] formaría unha conurbación con outras áreas urbanas próximas, dando un total de 1.671.189 habitantes e 1.162,4 km².[10]
Segundo a Entitat de Transport Metropolità de València (Entidade de Transporte Metropolitano de Valencia) a área metropolitana de Valencia está constituída por 59 concellos que se corresponden con tódolos da comarca da Horta de València, gran parte dos de Camp de Túria, tres da Ribera Alta, dous da Ribera Baixa e un do Camp de Morvedre, ocupando unha superficie de 1.465'7 km², cunha poboación de 1.738.690 habitantes (INE 2007), contando por tanto cunha densidade de poboación de 1.181 hab./km².
Coroas da área metropolitana
editarA Entitat Pública de Transport Metropolità de València distingue tres coroas,[11] en cada cal as tarifas son distintas.
- O centro urbano de Valencia (zona A): ademais da cidade (excluíndo as súas diversas pedanías), tamén se inclúe o municipio de Mislata e unha parte dos termos de Alboraia e Xirivella totalmente conurbados con ela. Atópase limitada pola nova canle do río Turia ao sur e ao oeste, polo mar Mediterráneo ao leste e pola Rolda Norte ao norte. Nela obsérvase unha clara especialización económica no sector servizos. A densidade de poboación é moi elevada, superando os 20.000 hab./km².
- A primeira coroa metropolitana (zona B): atópase limitada pola autovía A-7 e comprende a maior parte de municipios da Horta. Nesta zona obsérvase unha maior concentración industrial. O sector primario, moi importante tradicionalmente (en especial a agricultura), perdeu presenza económica debido ao cambio de uso do chan, que se urbanizou na súa gran maioría. A densidade aquí é menor, ao redor de 1.100 hab./km². A diferenza da áreas metropolitana de Barcelona, non existe ningún municipio dun tamaño excesivamente grande, sendo o máis poboado Torrent, con 72.660 hab. Iso é debido en parte ao escaso termo municipal da maioría de localidades. Con todo, si que existen diversas conurbacións que en conxunto contan cunha gran cantidade de poboación, como poden ser Benimàmet-Burjassot-Godella-Rocafort, Alaquàs-Aldaia, Manises-Quart de Poblet, Alfafar-Benetússer-Llocnou de la Corona-Sedaví ou Paiporta-Picanya. Debido ao crecemento urbano e a mellora das infraestruturas (en concreto da construción da Rolda Norte e os proxectos de enterramento das liñas 1 e 3 de MetroValencia), vaise a provocar en pouco tempo a conurbación de varias destas localidades coa cidade de Valencia. En concreto Alboraia, Tavernes Blanques e o conxunto Benimàmet-Burjassot-Godella-Rocafort.
- A segunda coroa metropolitana (zona C): aquí inclúense as poboacións da Horta exteriores á A-7 xunto coas do resto de comarcas. Esta zona incorporouse recentemente á área metropolitana debido á mellora das comunicacións e ao incremento do prezo da vivenda en zonas máis próximas á capital. O crecemento baseouse sobre todo na construción de urbanizacións, polo que a densidade de poboación é menor que na primeira coroa. Esta é a zona máis difusa da área metropolitana, debido á dificultade de atopar o seu límite, polo que segundo os estudos que se consulten incorpóranse diferentes localidades.
Área metropolitana de Valencia | |||
(INE 2007) |
|||
---|---|---|---|
Núcleo urbano de Valencia | 56,32 km² | 805.989 hab. | 14.312 hab./km² |
Primera coroa metropolitana | 480,77 km² | 677.578 hab. | 1.409 hab./km² |
Segunda coroa metropolitana | 867,93 km² | 255.123 hab. | 294 hab./km² |
Total | 1.405,02 | 1.738.690 | 1.237 hab./km² |
Municipios da área metropolitana
editarNúcleo urbano
editarMislata | Horta Oest | 2,06 km² | 43.336 hab. | 21.076 hab./km² | |
Valencia | Valencia | 54,26 km²[12] | 762.653 hab.[12] | 14.057 hab./km² | |
Total | 56,32 km² | 805.989 hab. | 14.312 hab./km² |
Primeira coroa
editar(2007) |
|||||
---|---|---|---|---|---|
Alaquàs | Horta Oest | 3,90 km² | 30.177 hab. | 7.734 hab./km² | |
Albalat dels Sorells | Horta Nord | 4,62 km² | 3.708 hab. | 802 hab./km² | |
Albal | Horta Sud | 7,37 km² | 14.840 hab. | 2.013 hab./km² | |
Alboraia | Horta Nord | 8,34 km² | 21.582 hab. | 2.588 hab./km² | |
Albuixec | Horta Nord | 4,42 km² | 3.646 hab. | 825 hab./km² | |
Alcàsser | Horta Sud | 9,01 km² | 8.716 hab. | 968 hab./km² | |
Aldaia | Horta Oest | 16,05 km² | 28.138 hab. | 1.753 hab./km² | |
Alfafar | Horta Sud | 10,10 km² | 20.321 hab. | 2.012 hab./km² | |
Alfara del Patriarca | Horta Nord | 1,98 km² | 2.858 hab. | 1.443 hab./km² | |
Almàssera | Horta Nord | 2,74 km² | 6.928 hab. | 2.529 hab./km² | |
Benetússer | Horta Sud | 0,78 km² | 14.283 hab. | 18.373 hab./km² | |
Beniparrell | Horta Sud | 3,68 km² | 1.896 hab. | 516 hab./km² | |
Bonrepòs i Mirambell | Horta Nord | 1,05 km² | 3.047 hab. | 2.889 hab./km² | |
Burjassot | Horta Nord | 3,44 km² | 37.402 hab. | 10.860 hab./km² | |
Catarroja | Horta Sud | 13,04 km² | 25.650 hab. | 1.967 hab./km² | |
Emperador | Horta Nord | 0,03 km² | 467 hab. | 18.112 hab./km² | |
Foios | Horta Nord | 6,48 km² | 6.358 hab. | 981 hab./km² | |
Godella | Horta Nord | 8,40 km² | 12.993 hab. | 1.546 hab./km² | |
Llocnou de la Corona | Horta Sud | 0,04 km² | 120 hab. | 2.866 hab./km² | |
Manises | Horta Oest | 19,65 km² | 29.778 hab. | 1.515 hab./km² | |
Massalfassar | Horta Nord | 2,53 km² | 1.880 hab. | 742 hab./km² | |
Massamagrell | Horta Nord | 6,16 km² | 14.568 hab. | 2.364 hab./km² | |
Massanassa | Horta Sud | 5,59 km² | 8.325 hab. | 1.489 hab./km² | |
Meliana | Horta Nord | 4,73 km² | 9.827 hab. | 2.076 hab./km² | |
Montcada | Horta Nord | 15,83 km² | 21.109 hab. | 1.334 hab./km² | |
Museros | Horta Nord | 12,45 km² | 4.834 hab. | 388 hab./km² | |
Paiporta | Horta Sud | 3,93 km² | 22.374 hab. | 5.694 hab./km² | |
Paterna | Horta Oest | 35,85 km² | 59.043 hab. | 1.647 hab./km² | |
Pedanies de València | València | 83,21 km² | 35.001 hab. | 421 hab./km² | |
Picanya | Horta Sud | 7,12 km² | 10.543 hab. | 1.481 hab./km² | |
la Pobla de Farnals | Horta Nord | 3,61 km² | 6.752 hab. | 1.868 hab./km² | |
el Puig | Horta Nord | 26,83 km² | 8.197 hab. | 306 hab./km² | |
Puçol | Horta Nord | 18,06 km² | 17.947 hab. | 994 hab./km² | |
Quart de Poblet | Horta Oest | 19,64 km² | 25.340 hab. | 1.291 hab./km² | |
Rafelbunyol | Horta Nord | 4,20 km² | 7.103 hab. | 1.692 hab./km² | |
Rocafort | Horta Nord | 2,34 km² | 6.259 hab. | 2.674 hab./km² | |
Sedaví | Horta Sud | 1,83 km² | 9.575 hab. | 5.225 hab./km² | |
Silla | Horta Sud | 25,03 km² | 18.597 hab. | 743 hab./km² | |
Tavernes Blanques | Horta Nord | 0,74 km² | 9.270 hab. | 12.590 hab./km² | |
Torrent | Horta Oest | 69,32 km² | 75.131 hab. | 1.084 hab./km² | |
Vinalesa | Horta Nord | 1,53 km² | 2.783 hab. | 1.821 hab./km² | |
Xirivella | Horta Oest | 5,15 km² | 30.212 hab. | 5.862 hab./km² | |
Total | 480,77 km² | 677.578 hab. | 1.409 hab./km² |
Segunda coroa
editar(2007) |
|||||
---|---|---|---|---|---|
Alginet | Ribera Alta | 24,07 km² | 12.605 hab. | 524 hab./km² | |
Almussafes | Ribera Baixa | 10,77 km² | 7.967 hab. | 740 hab./km² | |
Benaguasil | Camp de Túria | 25,40 km² | 10.374 hab. | 408 hab./km² | |
Benifaió | Ribera Alta | 20,15 km² | 12.204 hab. | 606 hab./km² | |
Benissanó | Camp de Túria | 2,28 km² | 2.064 hab. | 903 hab./km² | |
Bétera | Camp de Túria | 75,10 km² | 19.491 hab. | 260 hab./km² | |
Carlet | Ribera Alta | 45,62 km² | 15.189 hab. | 333 hab./km² | |
L'Eliana | Camp de Túria | 8,77 km² | 16.349 hab. | 1.864 hab./km² | |
Llíria | Camp de Túria | 227,98 km² | 21.638 hab. | 95 hab./km² | |
Picassent | Horta Sud | 85,79 km² | 18.556 hab. | 216 hab./km² | |
la Pobla de Vallbona | Camp de Túria | 33,10 km² | 18.790 hab. | 568 hab./km² | |
Riba-roja de Túria | Camp de Túria | 57,49 km² | 19.083 hab. | 332 hab./km² | |
San Antonio de Benagéber | Camp de Túria | 8,74 km² | 4.985 hab. | 570 hab./km² | |
Sagunt | Camp de Morvedre | 132,36 km² | 63.359 hab. | 479 hab./km² | |
Sollana | Ribera Baixa | 39,23 km² | 4.708 hab. | 120 hab./km² | |
Vilamarxant | Camp de Túria | 71,08 km² | 7.761 hab. | 109 hab./km² | |
Total | 867,93 km² | 255.123 hab. | 294 hab./km² |
Notas
editar- ↑ "Rexistro de Áreas metropolitanas do Ministerio de Administraciones Públicas". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2006. Consultado o 10 de xuño de 2009.
- ↑ European Spatial Planning Observation Network, Study on Urban Functions (Project 1.4.3) Arquivado 28 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Final Report, Chapter 3, (ESPON, 2007)
- ↑ A poboación total é de 1.499.000 se a área metropolitana de Sagunt é incluída.
- ↑ Eurostat, Urban Audit database Arquivado 06 de abril de 2011 en Wayback Machine., accessed on 2009-03-12. Data for 2004.
- ↑ Nacións Unidas Department of Economic and Social Affairs, World Urbanization Prospects (2007 revision) Arquivado 13 de agosto de 2011 en Wayback Machine., (United Nations, 2008), Table A.12. Data for 2007.
- ↑ Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, Competitive Cities in the Global Economy, OECD Territorial Reviews, (OECD Publishing, 2006), Table 1.1
- ↑ Thomas Brinkoff, Principal Agglomerations of the World, accessed on 2009-03-12. Data for 2009-01-01.
- ↑ Datos de 2008
- ↑ Datos de áreas urbanas en 2006 Arquivado 22 de agosto de 2011 en Wayback Machine. segundo o proxecto AUDES5 Arquivado 04 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Conurbaciones en 2006 Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine. según el proyecto AUDES5 Arquivado 04 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ "Fases de Integración Área Metropolitana". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2007. Consultado o 08 de xuño de 2009. Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ 12,0 12,1 Excluíndo pedanías