Vinalesa é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona noroeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 2.970 habitantes (2008).

Vinalesa
Localización
PaísEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaValencia
ComarcaL'Horta Nord
Xeografía
Altitude14 msnm
Superficie1,50 km²
Demografía
Poboación2.970 hab. (2008)
Densidade1.980 hab./km²
XentilicioVinalesí
Outros datos
Código postal46114
AlcaldeJulio Cesar Martínez Blat (PSPV)
www.vinalesa.es

Xeografía editar

O escaso termo municipal de Vinalesa está situado na Horta de Valencia, por iso os accidentes xeográficos son mínimos sendo todo el practicamente chairo estando situado o centro urbano a unha altitude de 14 msnm. A única excepción é o barranco do Carraixet, que bordea o termo municipal de norte a sur. A pesar de que normalmente se atopa seco o gran tamaño da súa conca abarca gran cantidade de auga cando se producen episodios de gota fría no outono. O seu último desbordamento foi no ano 1957, cando se desbordou o río Turia. Dende entón viñéronse realizado obras de ampliación e actualmente non existe perigo de desbordamento. A última vez que este barranco se encheu de auga foi no ano 2000, permanecendo seco dende esa data.

Localidades limítrofes editar

O termo municipal de Vinalesa limita coas localidades de Alfara del Patriarca, Bonrepòs i Mirambell, Foios e coa cidade de Valencia, todas elas da provincia de Valencia.

Historia editar

Vinalesa foi unha alquería dependente da parroquia da veciña localidade de Foios até que se segregou desta.

Demografía editar

Vinalesa conta cunha poboación de 2.970 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2007
1.272 1.463 1.681 1.866 1.872 2.161 2.062 2.210 2.414 2.216 2.341 2.592 2.783

Economía editar

A súa economía está baseada na agricultura xa que o 85% do termo municipal está cultivado, sendo todo o de regadío.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar