Alcàsser é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Horta Sud. O topónimo vén do vocábulo árabe al-qasr, "a fortaleza", que evolucionou en galego como "alcázar".

Modelo:Xeografía políticaAlcàsser
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°22′04″N 0°26′41″O / 39.3677, -0.4447Coordenadas: 39°22′04″N 0°26′41″O / 39.3677, -0.4447
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarcas da Comunidade ValencianaHorta Sud Editar o valor em Wikidata
CapitalAlcácer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación10.575 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.173,7 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie9,01 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude15 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataEva Isabel Zamora Chanzà (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46290 Editar o valor em Wikidata
Código INE46015 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir46015 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalcasser.es… Editar o valor em Wikidata
Facebook: AjuntamentAlcasser Twitter: AjuntAlcasser Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situado ao sur da cidade de Valencia, e á dereita do antigo Camiño Real de Madrid. A superficie do termo é chaira. Crúzano os barrancos de Picasent e do Realón. O clima é tépedo; predominan os ventos de poñente e levante. As terras de cultivo, arxilosas e profundas, están moi repartidas en parcelas. Régase con augas da Quenlla Real do Xúcar, da fonte de Ninyerola, e mediante pozos.

Alcácer limita cos concellos de Torrent, Catarroja, Albal, Beniparrell, Silla e Picassent, todos da provincia de Valencia.

Historia editar

Habitada por musulmáns, o rei Xaime I cedeuna a Artal de Foces que tentou, en 1248, poboala de cristiáns. En 1250 o seu señor feudal era Pere Roiç de Corella e en 1299 a familia Riusech. O 22 de outubro de 1364, Pedro o Cerimonioso doou a Pere Boïl a xurisdición criminal; a Vidal de Villanova e a súa muller Sibila a torre e fortaleza de Alcácer, e seis días despois vendeullas a Giner Rabassa por 60.000 soldos, incluíndo o terzo décimo e censos sobre as casas e os homes co mero e mixto imperio. En 1400 vendeuse a baronía en pública poxa sendo adquirida por Jaume Roméu, quen conseguiu que o señorío se integrase na particular contribución de Valencia, beneficiándose dalgunhas das franquías desta. En 1417 foi comprada por Bernat Guillem Català e en 1443, é cando, Joan Català, obtivo a suprema xurisdición. En 1446 vendeu a baronía ao seu primo Galcerà de Castella, barón de Picassent. Segundo a carta de poboación do 13 de decembro de 1417, os vasalos habían de contribuír con elevadas cargas: un cuarto dalgunhas colleitas, terzo décimo e outros dereitos feudais. Nas Cortes Valencianas de 1604, o señor de Alcácer, Cristòfol Çanoguera, pediu a confirmación da suprema xurisdición. Dende 1328 houbo de existir unha igrexa, aínda que o actual edificio acabouse de construír en 1805.

Demografía editar

Alcàsser conta cunha poboación de 8.925 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007 2008
3.200 3.411 3.530 4.055 4.368 4.473 4.679 5.449 6.555 7.191 7.229 8.351 8.505 8.716 8.925

Colexios e institutos editar

Alcácer, ten tres colexios de educación primaria, un deles privado; un instituto público de Educación Secundaria e unha escola de Adultos.

Gastronomía editar

Destacan os doces: "prato de gloria" ("plat de glòria"), "coca de cabaza" ("coca de carabassa"), "coca de arroupe", "coca fina", "coca bébeda" ("coca borratxa") e "palotes doces" ("pilotes dolçes").

Economía editar

A primeira metade do século XIX producía froitas, trigo, millo, bastante seda (grazas a que importaba a folla de moreira dos pobos da Ribeira), e aceite de oliva que exportaba á capital. Actualmente cultívase principalmente laranxeiras, pasando cada vez máis a ser un pobo industrial.

Alcàsser contén 2 polígonos industriais, o de "O Plá" e o de "L'Alter", diversos bancos e tendas.

Monumentos editar

  • Igrexa de Sant Martí Bisbe (1610, ampliada en 1805); con interesantes frescos de Martiño de Tours e San Luís Beltrán, atribuídos a Vicente López, pintor de cámara das cortes de Carlos IV e Fernando VII; así como a capela do Cristo da Fe (1819). Aínda que a construción data do séculoXVIII sufriu importantes cambios: unha remodelación, unha substitución, unha restauración e diversos engadidos necesarios. Destaca tamén dentro das construcións relixiosas O convento de María Auxiliadora. Ademais é posible visitar o Museo da Horta Sud, o cal conserva ou salvagarda as tradicións da comarca así como os seus costumes dende 1996, momento en que foi inaugurado.
  • Palacio da Baronía. O antigo palacio, levantado sobre unha fortaleza de orixe musulmá, foi transformado en Casa do Concello.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar