Ángel Currás Fernández

político galego

Ángel Benito Currás Fernández, nado en Trabada[1] o 2 de decembro do 1954[2], é un profesor e político galego do PPdeG, que foi alcalde de Santiago de Compostela.

Ángel Currás Fernández
Ángel Currás, Praza Pública, 2013.jpg
Datos persoais
Nacemento2 de decembro de 1954
 Trabada, Provincia de Lugo
OrganizaciónPartido Popular de Galicia
PaiCelso Currás López
ProfesiónBiólogo e profesor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É doutor en Ciencias Biolóxicas e catedrático de ensino secundario no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela. Foi profesor asociado da USC, director económico-administrativo do proxecto cultural Santiago de Compostela, Cidade Europea da Cultura do ano 2000 (1996-2000) e director-xerente da Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia (2000-2005). Foi Concelleiro de Cultura, Educación e Normalización Lingüística e primeiro tenente de alcalde do concello de Santiago de Compostela.[1]

Trala dimisión de Gerardo Conde Roa, accedeu á alcaldía de Santiago de Compostela en abril de 2012[3].

En xaneiro do 2013 foi citado a declarar como imputado por un presunto delito de tráfico de influencias no marco da operación Pokémon.[4]. O 9 de xuño de 2014, logo dunha fonda crise institucional, dimitiu como alcalde, sendo substituído por Agustín Hernández[5]. Continuou como concelleiro até outubro, cando foi nomeado para dirixir en Galicia a empresa Tragsa en substitución de César Aja[6].


Predecesor:
Gerardo Jesús Conde Roa
  
Alcalde de Santiago
 
2012 - 2014
Sucesor:
Agustín Hernández Fernández-de Rojas

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar