César Aja
César Aja Mariño, nado en Viveiro o 7 de xaneiro de 1951, é un profesor, empresario e político galego do PPdeG.
César Aja | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1951 |
Lugar de nacemento | Viveiro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
É licenciado en bioloxía, profesor e director de Formación Profesional no IES Perdouro de Burela. Militante do PPdeG, foi alcalde de Viveiro (1983-2003), deputado no parlamento español (1986-1993), senador (1993-2008) e deputado provincial dende 2003. Logo foi concelleiro en Viveiro. Dirixiu en Galicia a empresa Tragsa até outubro de 2014, cando foi substituído por Ángel Currás Fernández[1]. Foi tamén Conselleiro de Educación da Embaixada de España en Bulgaria (2014-2019).[2] Na actualidade é Cónsul Honorario[3] de Bulgaria en Galicia. No mundo ecónómico foi un dos fundadores[4] da planta de rodaballlo Insuña en Xove, vendida[5] posteriormente ó grupo Pescanova.
Predecesor: Antonio Blanco Casariego |
Alcalde de Viveiro 1983 - 2003 |
Sucesor: Melchor Roel Rivas |
Notas Editar
- ↑ Un novo edil non electo substituirá a Currás, premiado coa dirección galega de Tragsa
- ↑ Lugo, El Progreso de (2014-06-14). "César Aja se perfila como consejero en la embajada española de Bulgaria". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2020-10-03.
- ↑ "César Aja, nombrado cónsul honorario de Bulgaria en Galicia por el consejo de ministros de aquel país". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-16. Consultado o 2022-01-19.
- ↑ "César Aja, exalcalde de Viveiro: «No fui un político al uso»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-12-09. Consultado o 2022-02-04.
- ↑ "Pescanova compra terrenos en Xove para su planta de rodaballo". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-09-15. Consultado o 2022-02-04.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 17. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos Editar
- Eleccións municipais en Viveiro
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición