Ánchel Conte

escritor e historiador aragonés

Ánchel Conte Cazcarro, nado en Alcolea de Cinca, Huesca o 15 de outubro de 1942, e finado en Almería o 22 de novembro de 2023,[1] foi un escritor en lingua aragonesa. Doutor en Historia e catedrático de ensino secundario, xubilouse en 2003 logo dunha carreira de militancia activa. Foi o primeiro Director do Insituto de l'Aragonés, cargo para o que foi elixido por unanimidade ao fundarse, en 2021, a Academia Aragonesa d'a Luenga, da que foi membro fundador tras ser nomeado polo Goberno de Aragón.

Infotaula de personaÁnchel Conte

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Ánchel Bruno Conte Cazcarro Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Alcolea de Cinca, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Almería, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsino, ciencia histórica e writing (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , etnógrafo , profesor de ensino secundario , escritor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua aragonesa Editar o valor em Wikidata

Reorganizou o Partido Comunista de España (PCE) na provincia de Teruel nos últimos anos do franquismo e posteriormente militou en Esquerda Unida de Aragón.

Traxectoria editar

Foi membro do equipo fundador de Andalán, revista aragonesista escrita plenamente en castelán, agás os artigos que nela publicaban en aragonés ou en catalán algúns colaboradores, como el mesmo. Foi un dos fundadores do Consello d'a Fabla Aragonesa. Durante a súa estancia en Aínsa como profesor de Historia levou a cabo unha intenso labor de investigación do folclore da comarca de Sobrarbe e fundou a agrupación folclórica Viello Sobrarbe. Foi unha figura imprescindible da literatura contemporánea en aragonés. Escribiu tanto poesía como novela, ademais de varias coleccións de relatos.

Foi membro do Consello Asesor do I Congreso ta ra normalizazión de l'aragonés, pero non asinou os acordos gráficos de 1987, aínda que escribiu despois algúns dos seus libros con esa ortografía, exceptuando o seu último poemario, no que volveu a escribir como o facía con anterioridade a 1987, sen seguir ningunha das normas das distintas asociacións. Non quixo participar no II Congreso de l'Aragonés, rexeitando formar parte de l'Academia de l'Aragonés.

Como investigador, ademais de máis de corenta artigos de historia medieval altoaragonesa, publicados en revistas e en congresos nacionais e internacionais, publicou catro obras destacadas na historiografía da rexión: La Encomienda del Temple de Huesca (1986), La aljama de moros de Huesca (1992), Los moriscos de la ciudad de Huesca: una convivencia rota (2009), "La Aljama de moros de Barbastro" (2013) e "Los moros de la comarca de Barbastro y tierras del Cinca" (2016). Algúns dos seus artigos e comunicacións foron escritos en aragonés, de maneira que foi pioneiro no uso desa lingua tamén no eido da Historia. Formou parte do equipo que escribiu o didáctico e pedagóxico libro El aragonés: identidad y problemática de una lengua (1977).

Recibiu varios premios literarios, ademais dos citados máis abaixo: o Premio de Contos en Aragonés Cidade de Barbastro (1970) e premios na Festa da Poesía de Huesca de 1968, 1969, 1970 e 1971. En 2001 recibiu o premio da Universidade de Zaragoza para poesía en aragonés polo poemario Como plebia sobre o bientre, editado no poemario E zaga o mar o desierto (2002).

Ademais, en 2008 presentouse como candidato ao Senado pola provincia de Huesca na lista de Esquerda Unida.[2] Non foi elixido, acabando no posto 13 cando se elixían os 4 máis votados.[3]

En maio de 2009 o Goberno de Aragón concedeulle a Medalla ao Mérito Cultural pola súa longa traxectoria no estudo, divulgación e defensa do patrimonio cultural popular, especialmente da lingua aragonesa.[4]

Obra editar

Poemarios editar

  • 1972: No deixez morir a mía voz (reeditada en 1986 e traducida ao castelán e ao ruso en 2002).
  • 1996: O tiempo y os días
  • 2002: E zaga o mar o desierto Premio Saputo á mellor obra en aragonés de 2002.
  • 2014: Luna que no ye luna - Luna que no es luna
  • 2017: Digo sinse dicir / Digo sin decir"

Coleccións de relatos editar

  • 1997: O rafe d'o espiello
  • 2004: De ordo sacerdotalis

Novelas editar

  • 2000: O bolito d'as sisellas; Premio Saputo á mellor obra en aragonés de 2000.
  • 2000: Aguardando lo zierzo; Premio Cidade de Barbastro, 2002; traducida ao ruso (2004), ao castelán -Esperando al cierzo- (2007; 3ª edición, 2009) e ao francés -Cierzo- (2009). Tamén foi gravado pola ONCE para invidentes.

Ten poemas e contos publicados en Argensola, Andalán, Fuellas, Rolde, Luenga e Fablas, entre outras revistas. Algúns poemas seus foron traducidos ao castelán, francés, inglés, alemán e portugués. A súa poesía Mai ("nai"), con música de Gabriel Sopeña, foi cantada por José Antonio Labordeta e o propio Sopeña no disco Con la voz a cuestas (Prames, 2001). Posteriormente foi versionada por Manolo García e por Olga y los Ministriles.

Notas editar

  1. Redacción (2023-11-23). "Fallece Ánchel Conte, uno de los fundadores del Consello d´a Fabla Aragonesa". Radio Huesca. Cadena Ser (Huesca). Consultado o 2023-11-23. 
  2. "Elecciones a Cortes Generales 2008. Elecciones a Senado. Huesca". Ministerio del Interior (en castelán). 2008. Consultado o 1 de xullo de 2009. 
  3. Resultados Senado 2008 -Huesca
  4. O. Isarre (27 de maio de 2009). "El GA concede a Ánchel Conte la Medalla al Mérito Cultural". Diario del Alto Aragón (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 1 de xullo de 2009.