Zarama (en éuscaro: "lixo") é un grupo musical vasco de rock e punk. Permaneceron activos entre 1977 e 1994. A súa primeira gravación data de 1980 (tema "Bildur naiz" do LP Euskal Musika 80) e o seu primeiro single non foi ata 1982. Foron dos primeiros grupos que máis tarde formarían parte do chamado rock radical vasco. Tamén foron un dos primeiros grupos de rock con letras escritas integramente en vasco. En febreiro do 2009 anunciaron o seu retorno aos escenarios, tras 15 anos de apagamento.[1]

Zarama
Concerto en Irún en 1986
OrixeSanturtzi, País Vasco
Período1977 - 1994
2009 - Presente
Xénero(s)punk
rock
ska
Selo(s) discográfico(s)Discos Suicidas, Elkar
MembrosRoberto Moso
Tontxu
Txus
Javi
Ernesto
Joseba
Antigos membrosAlfonso
Iosu Espósito
Nekane
Na rede
Badok: zarama Spotify: 0WbAoxAS5475xGxyiwqOd9 iTunes: 188259763 Last fm: Zarama Musicbrainz: 7a3232b1-bf1f-4b39-a8c7-1150cf41dd9b Songkick: 304137 Musikasten: zarama Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Zarama fórmase en Santurtzi a finais da década dos setenta, estando orixinalmente composta por tres membros: Rober (Roberto Moso, voz), «Txus» (guitarra) e «el Putre» (batería). Acerca das razóns polas que fundar unha banda, declararon posteriormente:

«O rocanrol serviunos de válvula de escape ante veráns empollando e aburrimento xeral. Flipábanos o glam en xeral e Zeppelin, Lou Reed, Rolling... Estalla o punk e póñensenos os ollos a cadros. Propoñémonos facer un grupo e o soño vaise perfilando.»[2]

Acerca das dificultades do grupo nos inicios para obter público, Roberto Moso dixo:

«...todo empezou como un xogo no que estábamos sós. No barrio considerábanos marcianos por ter dimitido do obrigado fútbol-potes como sistema de diversión, nas respectivas familias nin se viu nin se verá xa xamais con bos ollos e para colmo, os abertzales ríansenos por facer rock e os rockeiros ofendíanse por recorrer a tan pouco “moderno” idioma.»[3]

Pouco despois de empezar a ensaiar, presentáronse a un concurso de Radio Juventud en Éibar, no que quedaron últimos. Nese momento a formación consistía en: Roberto (voz), Txus (guitarra), Nekane (guitarra), Josu (Iosu Expósito, baixo) e Juan Pablo (batería). O batería inicial, «el Putre», pasara a ser representante do grupo e técnico de luces. A esas alturas, Nekane era o único membro que sabía tocar ben; mais abandona Zarama en 1978.

Logo presentáronse a outro concurso na discoteca local Garden, organizado por Radio Bilbao; esta vez ficaron penúltimos. En 1980 preséntanse a outro concurso máis, chamado «Euskal Musika 80», en Itziar, na Sala Mandiope: quedaron de segundos e o seu éxito levounos á súa primeira gravación, o tema «Bildur naiz», no LP Euskal Musika 80, que saíu no selo IZ en 1981 (o resto de grupos eran principalmente música folclórica). Daquela, a formación xa cambiara: canda Rober e Txus, Javi substituíu en 1979 ao baixista Josu (que acabou creando Eskorbuto) e Ernesto era o novo batería.

En 1982, Óscar Amezaga, estreitamente relacionado coa revista Muskaria, tiña o proxecto de fundar un selo discográfico independente e propúxolle a Zarama gravar un sinxelo, que sería o primeiro disco editado por Discos Suicidas: trátase de «Nahiko» / «Ezkerralde», que saíu na primavera de 1982, un dos primeiros discos máis ou menos definibles como punk do País Vasco. Mentres se publicaba o disco, varios membros encontrábanse realizando o servizo militar obrigatorio; de feito, tiveron que acudir a músicos de sesión para gravar o disco.

En 1983 gravaron o seu segundo sinxelo, Zaramaren erdian («No medio do lixo»), que saíu no verán e obtivo unha boa recepción. A finais de ano publicouse tamén un tema, «Soinu krudelak» («Sons crueis»), na recompilación Sintonía independiente de Discos Suicidas, xunto a grupos como Los Santos, Lavabos Iturriaga, Los Impecables etc

A principios de 1984, Zarama ficou gañador por Bilbao no Concurso Rock Radical Vasco organizado polo diario Egin (os outros gañadores foron: Barricada, por Pamplona, Hertzainak por Vitoria e R.I.P. por Guipúscoa).[4] Pouco despois gravan, producidos por Ángel Altolaguirre (antigo membro de Negativo xunto con Rafa Balmaseda), o seu primeiro LP, que titularon Indarrez («Pola forza») e que apareceu a mediados de ano. Zarama contaba daquela cun segundo guitarrista, Tontxu.

A finais de 1984 colaboran con Antonio Curiel no proxecto A.H.V (Altos Hornos de Vizcaya), gravando temas para un maxi single que apareceu, tamén en Discos Suicidas, en 1985.

En 1985, gravan en París o seu segundo LP, Gaua apurtu arte («Ata que crebe a noite»), que se publica a finais de ano.[5]

En febreiro de 2009 anunciaron a súa volta aos escenarios tras 14 anos de silencio desde a súa despedida en Santurtzi en 1995 e 15 desde o seu último disco publicado. O 18 de abril de 2009 empezou en Bermeo a súa xira de regreso, chamada "Zarama Birziklatuaren Bira".[6]

O 26 de novembro do mesmo ano presentan o seu novo traballo discográfico que leva como título Zarama Zuzen!. Un CD que con cancións de diferentes actuacións da súa xira de regreso e un DVD que recolle o concerto na Aste Nagusia de Bilbao o 18 de agosto de 2009.[7]

Membros editar

  • Roberto Moso: Voz (1977-1994)
  • Txus Alonso/Txuzos: Guitarra (1977-1994)
  • Tontxu Tabares: Guitarra (1983-1994)
  • Alfonso Herrero: Baixo (1990-1994)
  • Ernesto Álava: Batería (1980-1994)
  • Joseba Lafuente: Teclados (1987-1994)

Outros membros editar

  • Nekane: Guitarra (1977-1978)
  • Iosu Expósito: Baixo (1977-1979)
  • Javi (Xabier Álvarez): Baixo (1979-1990)
  • El Putre: Batería (1977)
  • Juan Pablo: Batería (1977-1980)
  • Javi Losa: Baixo (1982-1983 e 1990)

Discografía editar

Álbums editar

  • Indarrez (Discos Suicidas, 1984).
  • Gaua apurtu arte (Discos Suicidas, 1985).
  • Dena ongi dabil (Elkar, 1987).
  • Bostak bat (Elkar, 1990).
  • Zaramaren Erdian (Discos Suicidas, 1991). Recompilatorio.
  • Sexkalextrik (Elkar, 1992).
  • Binilo Bala (Elkar, 1994).
  • Zarama Zuzen! (Elkar, 2009). CD-DVD en directo.

Singles editar

Discos compartidos editar

  • Zarama e El Curi Altos Hornos de Vizcaya (Discos Suicidas, 1985)

Aparicións en recompilatorios editar

  • Varios. LP Euskal Musika 80 (IZ; IZ 140 D; 1981).[8] Inclúe a canción de Zarama «Bildur Naiz».
  • Varios. LP Sintonía independiente (Discos Suicidas PL-11, 1983). Con Los Santos, Lavabos Iturriaga, Impecables, Cómo Huele etc. Zarama pon o tema «Soinu krudelak».

Notas editar

  1. Zarama is back, febreiro de 2009 (en éuscaro).
  2. R. Moso, citado na biografía do grupo por Pablo Cabeza que se encontra na p. 4 do encarte interior do recompilatorio Zaramaren Erdian (Discos Suicidas, 1991).
  3. Texto de R. Moso no encarte do LP Zaramaren erdian (1991), p. 1.
  4. Rock Espezial, nº 31 (marzo de 1984), p. 18.
  5. Ruta 66, nº 2, decembro de 1985, p. 17. (Recensión, no nº 4, febreiro de 1986.)
  6. "Zarama comienza hoy en Bermeo su gira "reciclada"". eitb.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 30 de xullo de 2010.  Arquivado 03 de xullo de 2012 en Archive.is
  7. "Zarama presenta Zarama Zuzen". eitb.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 30 de xullo de 2010.  Arquivado 03 de xullo de 2012 en Archive.is
  8. Máis información sobre este disco aquí Arquivado 30 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. (Consultado en xullo de 2010.)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Moso, Roberto (2003). Flores en la basura. Los días del Rock Radikal. Algorta: Hilargi Ediciones. 
  • Moso, Roberto (2007). La radio encendida. Radio Euskadi. 

Ligazóns externas editar