Yuri de Souza

futbolista brasileiro
(Redirección desde «Yuri de Souza Fonseca»)

Yuri de Souza Fonseca, nado en Maceió (Alagoas) o 8 de agosto de 1982, é un futbolista brasileiro que xoga na demarcación de dianteiro centro. Milita na SD Ponferradina, club do que é o máximo goleador histórico, así como o xogador con máis partidos disputados.[1]

Modelo:BiografíaYuri de Souza

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Maceió, Brasil Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2000–2002 Futebol Clube da Maia 57(26)
2003–2005 Boavista Futebol Clube 14(3)
2004–2004 cesión Gil Vicente Futebol Clube 15(4)
2004–2005 cesión Grupo Desportivo Estoril Praia 19(3)
2005–2009   Pontevedra CF 98(55)
2007–2008 cesión   UD Las Palmas 12(0)
2009–2016   Ponferradina 216(85)
2016– Qingdao Football Club

Twitter: yuridesouza_10 Editar o valor en Wikidata

É irmán do tamén futbolista Igor de Souza e curmán do ex xogador do Celta de Vigo Charles Dias, cos que coincidiu no mesmo equipo na súa época no Pontevedra CF.

Traxectoria

editar

Comezou a xogar ao fútbol en Portugal, onde viviu dende os cinco anos de idade. Formouse nas categorías inferiores do FC Maia, debutando co primeiro equipo no ano 2000. Xa comezada a tempada 2002/03 foi traspasado ao Boavista FC, co que remataría o curso, e nos dous seguintes anos foi cedido ao Gil Vicente FC e ao Estoril Praia.

Faltándolle un ano de contrato co equipo portugués, decidiu rescindilo e buscar equipo na liga española. Así no verán de 2005 fichou polo Pontevedra CF, no que militou ata 2009 na Segunda División B Española salvo un ano que estivo cedido no UD Las Palmas na categoría de prata. No club galego coincidiu co seu irmán Igor e o seu curmán Charles, formando un histórico tridente ofensivo que marcou 89 goles en dous anos.[2]

De cara á tempada 2009–10 fichou pola SD Ponferradina, en Segunda División B. Durante os seguintes anos converteuse nun dos futbolistas máis importantes da historia do club berciano, disputando máis de 500 partidos e superando a Marcos Tyrone como o máximo goleador histórico do equipo.[3][1]

  1. 1,0 1,1 Álex, Estébanez (7 de novembro de 2022). "Yuri, la leyenda inagotable de la Ponferradina" (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  2. Sabatés, Roger (28 de maio de 2021). "Un brasileño de récord en Ponferrada". El País (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021. 
  3. "Yuri ya es el máximo goleador histórico de la Ponferradina" (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021.