Youssef Chahine
Youssef Chahine (en árabe: يوسف شاهين), nado en Alexandría o 25 de xaneiro de 1926 e finado no Cairo o 27 de xullo de 2008, foi un director de cinema exipcio.[1]
Youssef Chahine | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1926 |
Lugar de nacemento | Alexandría |
Falecemento | 27 de xullo de 2008 |
Lugar de falecemento | O Cairo |
Causa | hemorraxia cerebral |
Nacionalidade | Exipto |
Etnia | Syro-Lebanese in Egypt |
Alma máter | Collège Saint Marc e Victoria College |
Ocupación | actor, director de cinema, guionista, produtor de cinema, roteirista de cinema e realizador |
Premios | Oso de Prata e François Chalais Prize |
Na rede | |
http://www.youssefchahine.us/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Chahine naceu en 1926, fillo de pais libaneses. O seu pai, católico, mudárase a Exipto. No que respecta á relixión, Youssef Chahine non era un practicante dela[2] e respondía que era "exipcio" se lle preguntaban por iso.[3]
Dende moi novo sentiuse atraído polas artes escénicas, ata o punto de crear espectáculos para a súa familia. Comezou a súa formación no Collège Saint Marc e logo asistiu ao prestixioso colexio Victoria de Alexandría. En 1946 convenceu os seus pais para que lle permitisen viaxar a Hollywood para estudar como actor na Pasadena Playhouse nos arredores dos Ánxeles, California.
Con todo, cando volveu ao seu país, centrouse na dirección e entrou na industria do cine da man do cineasta Alvisa Orfanelli. Chahine dirixiu o seu primeiro filme, Baba Amin, en 1950. Ao ano seguinte realizou Nile Boy, polo que foi convidado ao Festival de Cannes, e en 1954 dirixiu o primeiro filme de Omar Sharif, Sira 'fi-l-Wadi. Con al-Ikhtiyar (The Choice, 1970) gañou o Tanit de Ouro no Festival de Cinema de Cartago. Tres anos despois realizou a primeira coprodución exipcio-alxeriana, The Sparrow, en que mostrou a súa opinión política sobre a guerra dos Seis Días.
Gañou o Oso de Prata - Premio especial do xurado na 29.ª edición da Berlinale, o Festival de Cinema de Berlín con Iskanderija... lih (1978). [4] O filme era a primeira parte dunha saga autobiográfica, que se completou con An Egyptian Story (1982), Iskandria Kaman wa Kaman (1990) e Alexandria... New York (2004).
Sobre a súa obra, Youssef Chahine sinalou que "fixen os filmes para min mesmo. Tamén para a miña familia. Tamén para Alexandría. Tamén para Exipto. Se ao mundo árabe lle gusta, ahlan wa sahlan (benvido sexa). Se lle gusta á audiencia exterior, é dobremente benvido".[5]
Chahine foi ingresado no hospital El Shorouq do Cairo cun coma causado por unha aparente hemorraxia cerebral o 15 de xuño de 2008. Ao día seguinte, foi trasladado a París nun voo de emerxencia e ingresado no Hospital americano de Neuilly-sur-Seine, ao oeste de París. A súa sobriña dixo a AFP que era "crítica pero estable".
O 7 de xullo de 2008, Chahine morreu na súa casa do Cairo.
Filmografía editar
# | Ano | Título en árabe | Título en inglés | Transliteración | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1 | 1950 | بابا أمين | Papa Amin | Bābā Amīn | |
2 | 1951 | ابن النيل | Son of the Nile | Ibn an-Nīl | |
3 | 1952 | المهرج الكبير | The Great Clown | Al-moharrig al-kabīr | |
4 | 1953 | سيدة القطار | Lady on the Train | Saydat al-Qitār | |
5 | نساء بلا رجال | Women without Men | Nisā blā rigal | ||
6 | 1954 | صراع فى الوادي | Struggle in the Valley | Ṣirāʿ fi-l-wādī | Tamén coñecido como The Blazing Sun |
7 | شيطان الصحراء | The Desert Devil | Xayṭān as-Saḥrāʾ | ||
8 | 1956 | صراع فى الميناء | Struggle on the Pier | Ṣirāʿ fi-l-mīnāʾ | Tamén coñecido como Dark Waters |
9 | 1957 | ودعت حبك | Farewell to Your Love | Waddaʿtu hubba-ka | |
10 | إنت حبيبى | You're My Love | Inta habībī | ||
11 | 1958 | باب الحديد | Cairo Station | Bāb al-Ḥadīd | |
12 | جميلة بوحريد | Jamila, the Algerian | Jamīla Būḥrīd | ||
13 | 1959 | حب إلى الأبد | Forever Yours | Ḥubb ilà-l-abad | Participou no primeiro Festival de Cinema de Moscova[6] |
14 | 1960 | بين ايديك | In Your Hands | Bayn Edayk | |
15 | نداء العشاق | A Lover's Call | Nidāʾ al-ʿUxāq | ||
16 | 1961 | رجل في حياتي | A Man in My Life | Ragul fi-ḥayātī | |
17 | 1963 | الناصر صلاح الدين | Salladin the Victorious | An-Nāṣir Ṣalāḥ ad-Dīn | Participou no terceiro Festival de Cinema de Moscova[7] |
18 | 1964 | فجر يوم جديد | Dawn of a New Day | Fagr yūm gadīd | |
19 | 1965 | بياع الخواتم | The Ring Salesman | Biyāʿ al-ẖawātim |
Tamén coñecido como Auliban, the Seller of Jokes. |
20 | 1966 | رمال من ذهب | Golden Sands | Rimāl min ḏahab | |
21 | 1967 | عيد الميرون | The Feast of Mairun | ʿId al-Mairūn | Curtametraxe |
22 | 1968 | الناس والنيل | Those People of the Nile | An-nās wa-n-Nīl | |
23 | 1969 | الأرض | The Land | Al-arḍ | |
24 | 1970 | الإختيار | The Choice | Al-iẖtiyār | |
25 | 1972 | سلوى الفتاة الصغيرة التى تكلم الأبقار | Salwa the Little Girl who Talks to Cows | Salwà al-fatā aṣ-ṣaġīra allatī tukallam al-abqār | Curtametraxe Tamén coñecida como Salwa |
26 | 1973 | العصفور | The Sparrow | Al-ʿasfūr | |
27 | انطلاق | Forward We Go | Inṭilāq | Documental | |
28 | 1976 | عودة الابن الضال | Return of The Prodigal Son | ʿŪdat al-ibn aḍ-ḍāl | |
29 | 1978 | إسكندرية... ليه؟ | Alexandria... Why? | Iskanderija... lih | |
30 | 1982 | حدوتة مصرية | An Egyptian Tale | Ḥaddūta miṣriyya | |
31 | 1985 | وداعًا بونابرت | Adieu Bonaparte | Widāʿan Bonābart | |
32 | 1986 | اليوم السادس | The Sixth Day | Al-yawm as-sādis | |
33 | 1989 | إسكندرية كمان وكمان | Alexandria Again and Again | Iskandria Kaman wa Kaman | |
34 | 1991 | القاهرة منورة بأهلها | Cairo as Told by Chahin | Al-Qāhira menawwara bi-ahli-hā | Documental para a televisión |
35 | 1994 | المهاجر | The Emigrant | Al-mohāgir | |
36 | 1997 | المصير | The Destiny | Al-maṣīr | |
37 | 1998 | كلها خطوة | It's Only a Step | Kollu-ha Ḫaṭwa | Curtametraxe |
38 | 1999 | الآخر | The Other | Al-āẖar | |
39 | 2001 | سكوت ح نصور | Silence, We're Rolling | Sokūt ḥa-nṣawwar | |
40 | 2002 | 11, سبتمبر | September, 11th | 11, sabtambar | Tamén coñecido como 11'09"01 Eleven Minutes, Nine Seconds, One Image |
41 | 2004 | إسكندرية-نيويورك | Alexandria-New York | Iskandariyya-New York | |
42 | 2007 | هي فوضى..؟ | Is This Chaos..? | Hiya fawḍà..? | Estreado no Festival de Cinema de Venecia |
Notas editar
- ↑ "Encyclopædia Britannica: Chahine, (Gabriel) Youssef, Egyptian filmmaker". Britannica.com.
- ↑ El-Shennawy, Tarek (27 de xullo de 2009). "Middle East Broadcasting Corporation". Mbc.net.
- ↑ Elaph Newspaper Article by Adnan Hussein. Issue# 3007. 18 de xuño de 2008.
- ↑ "Berlinale 1978: Prize Winners". berlinale.de. Consultado o 14/08/2010.
- ↑ "Breaking News, UAE, GCC, Middle East, World News and Headlines – Emirates 24/7". Business24-7.ae. 12/02/2012. Consultado o 17/02/2012.
- ↑ "1st Moscow International Film Festival (1959)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 16-01-2013. Consultado o 28-10-2012.
- ↑ "3rd Moscow International Film Festival (1963)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 16-01-2013. Consultado o 1-12-2012.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Youssef Chahine |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |