Yann Arthus-Bertrand

fotógrafo francés

Yann Arthus-Bertrand, nado o 13 de marzo de 1946 en París, é un activista ambiental e social, divulgador científico, director de documentais e fotógrafo francés.[1][2]

Infotaula de personaYann Arthus-Bertrand

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Peintre de la Marine (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , guionista , aeronauta , xornalista , fotógrafo , director de cinema , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorParis Match (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoAerofotografia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoEcoloxismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Cronoloxía
matrimonio Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webyannarthusbertrand.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0037867 Allocine: 98652 Allmovie: p623102
Twitter: Yann_A_B TED: yann_arthus_bertrand BNE: XX838818 Musicbrainz: 422738d4-5d55-49cb-a679-23ea00cefbf8 Discogs: 1983876 Editar o valor em Wikidata

A súa especialidade era a fotografía de animais, especialmente despois de estar en Kenya na reserva Masai Mara, rexión do Serengueti, pero máis tarde cambiou á fotografía aérea. Publicou máis de 60 libros coas súas fotografías tomadas desde helicópteros e globos aerostáticos en todas partes do mundo. A revista National Geographic publicou moitas veces as súas obras, que foron exhibidas en varios países.[3]

Arthus-Bertrand é membro da "Académie deas Beaux-Arts de l'Institut de France".[4]

Traballos

editar
 
foto dun mangleiro en Nova Caledonia, portada de dous libros seus
 
Exposición «Alive», en Praga.
 
Exposición "6 milliards dAutres", no Grand Palais de París.

Unha das súas fotos máis coñecidas é a dun mangleiro con forma de corazón en Nova Caledonia, que foi utilizada como portada para os seus libros The Earth from the air e The Earth from above.

En 2003, xunto a Baptiste Rouget-Luchaire e Sibylle d'Orgeval, iniciou o proxecto «6 mil millóns de Outros», 6 milliards d'autres en francés. Trátase de entrevistas realizadas a persoas de calquera clase social en diferentes países, que logo se presentan organizadas por temas. As preguntas son puntuais e refírense a temas compartidos por toda a humanidade: que é o amor?, que significa a guerra? que é a felicidade? En total, fixeron cinco mil entrevistas en setenta e cinco países, en idiomas diferentes, pero as curtas aparecen mangleiroas.[5]

En 2008, presentou a exposición «Alive», na Praza da República de Praga, desde o 11 de xuño até o 30 de setembro. O tema foi claramente ecoloxista, apuntando cara ao desenvolvemento sustentable.[6]

O 5 de xuño de 2009 estreou unha película chamada Home, cunha colección de fotos totalmente impresionantes, a cal trata sobre concienciar á poboación mundial dos problemas ecolóxicos e a rápida escaseza dos recursos naturais. Para que esta película fose difundida o máis amplamente posible, tiña que ser gratuíta. Un mecenas, o grupo PPR, permitiu que o fose. Europacorp, que a distribúe, comprometeuse en non ter ningún beneficio, porque Home non ten ningún interese comercial. O seu propósito principal é evitar esgotar os recursos naturais e impedir unha evolución catastrófica do clima da Terra.[7] Tras "Home" lanzou "Planet Ocean", unha serie de documentais ao estilo de " 6000 Millóns de Outros" baixo o título de "Human", e recentemente lanzou "Terra" en colaboración con outro director.

Premios

editar
  • Commandeur de la Légion d'honneur‎ (2021, Lexión de Honra, Francia)
  • Commandeur de l'ordre national du Mérite (2016, Orde nacional do Mérito, Francia)

Películas

editar
  • 2004: A terra, vista do ceo
  • 2009: Home[8]
  • 2010: París, vista do ceo[9]
  • 2012: Planeta Océano
  • 2013: Metz e o seu país, vista do ceo[10]
  • 2015: Human
  • 2016: "Terra"
  • 2019: “Woman”
  1. EFE. "La tierra, fuente de inspiración" (en castelán). El Mundo.es. Consultado o 7 de marzo de 2010. 
  2. "Home, le cri écolo de Yann Arthus-Bertrand" (en francés). France-Amérique.com. 4 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2010. Consultado o 7 de marzo de 2010.  Arquivado 31 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
  3. "Home by Yann Arthus-Bertrand" (en inglés). National Geographic Channel. Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro de 2009. Consultado o 7 de marzo de 2010. 
  4. Académie des Beaux Arts. "Miembros. Sección Fotografía." (en francés). Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 7 de marzo de 2010.  Arquivado 01 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  5. "Arthus-Bertrand presenta las preocupaciones del ser humano actual (en castelán)". Informador.com.mex. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2010.  Arquivado 01 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
  6. "Exposition Yann Arthus Bertand - Alive" (en francés). A tout Prague. 5 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 7 de marzo de 2010.  Arquivado 05 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
  7. UNEP. Programa da ONU para o Ambiente. "Día Mundial do Ambiente, 2009" (en castelán/francés/inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 7 de marzo de 2010.  Arquivado 03 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
  8. "Home, película enteira, por Yann Arthus-Bertrand" (VIDEO). Consultado o 6 de xuño de 2013. 
  9. "Paris, view from above, película enteira, por Yann Arthus-Bertrand" (VIDEO). Consultado o 6 de xuño de 2013. 
  10. "Metz and the Messin pays, view from above, película enteira, por Yann Arthus-Bertrand" (VIDEO). Consultado o 6 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar