Xacobe Pedro II Yovsepean
Xacobe Pedro II Yovsepean[1] (en armenio: Յակոբ Պետրոս Բ. Յովսէփեան, Yakob Petros B. Yovsēp’ean (ISO 9985)), nado en Alepo c. 1689 e finado o 9 de xuño de 1753, foi o 2º Catholicos-Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 14 de outubro de 1749 até o seu pasamento.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVII Alepo, Siria |
Morte | 1753 Bsumar, Líbano |
2º Patriarca católico armenio de Cilicia | |
23 de setembro de 1750 – 9 de xuño de 1753 ← Abraham Pedro I Arçiwean – Miguel Pedro III Gasparean → | |
Bispo diocesano | |
← Karkour (en) Diocese: Armenian Catholic Archeparchy of Aleppo (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa Católica Armenia |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1740–), sacerdote católico (1720–) |
Consagración | Abraham Pedro I Arçiwean |
Traxectoria
editarXacobe IV fora un dos seguidores do patriarca Abraham Pedro I, e convenceu ao bispo de Angora Simón da unión coa Igrexa católica.[3] Durante o período de exilio de Arçiwean no Líbano, foi o seu vigairo en Alepo, dirixindo a diocese no seu nome.[4] En 1739 Arçiwean volveu á súa diocese, onde consagrou xunto a dous bispos melquitas tres novos bispos católicos armenios, entre eles o mesmo Yosevpean.[4]
Logo da morte de Lucas I, o 26 de novembro de 1740 Abraham Arçiwean foi elixido catholicos de Cilicia;[3][4] Xacobe sucedeuno como bispo de Alepo, e posteriormente foi elixido el mesmo catholicos de Cilicia.[3] Trasladou a sé patriarcal á localización actual de Bsumar, no Líbano.[3]
Notas
editar- ↑ O seu apelido tamén aparece como Hovsepian.
- ↑ Burgess, Michael (1995). Lords temporal and lords spiritual: a chronological checklist of the popes, patriarchs, katholikoi, and independent archbishops and metropolitans of the autocephalus monarchical churches of the Christian East and West. Borgo Press. p. 99. ISBN 9780893703264.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Vernier, Donat (1891). "Chapitre XIV: Rétablissement du patriarcat catholique en Arménie". Histoire du Patriarcat arménien catholique (en francés). pp. 304–305.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Album commémoratif de la fondation du Couvent N.-D. de Bzoummar. Match Print. 2001. p. 396.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vernier, Donat (2012). Hachette Livre, ed. Histoire du Patriarcat arménien catholique (Ed.1891).
Ligazóns externas
editarDignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Abraham Pedro I Arçiwean |
Catholicos-Patriarca de Cilicia 1749 - 1753 |
Sucesor: Miguel Pedro III Gasparean |