Xurxo (emperador de Trebisonda)

emperador de Trebisonda

Xurxo Comneno (en grego: Γεώργιος Μέγας Κομνηνός, Geōrgios Mégas Komnēnós), nado c. 1255 e finado despois de 1284, foi emperador de Trebisonda de 1266 a 1280. Foi o fillo máis vello do emperador Manuel I e a súa terceira esposa, Irene Siricaina, unha nobre trapisondesa.

Modelo:BiografíaXurxo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1255 Editar o valor en Wikidata
Trebisonda, Turquía Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 1284 Editar o valor en Wikidata
Emperador de Trebisonda
1266 – 1280
← Andrónico II de TrebisondaXoán II de Trebisonda → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisManuel I de Trebisonda Editar o valor en Wikidata  e Irene Siricaina Editar o valor en Wikidata
IrmánsAndrónico II de Trebisonda
Xoán II de Trebisonda
Teodora de Trebisonda Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Xurxo sucedeu ao seu medio irmán máis vello Andrónico II en 1266. Xurxo seguiu unha política anti-aristocrática e aliouse con Carlos de Anjou e os anti-unionistas contra o emperador bizantino Miguel VIII Paleólogo. Isto, e a súa aparente incapacidade de proporcionar un apoio eficaz contra os mamelucos de Exipto, provocaron a ira do seu señor, o ilkán mongol Abaqa. Abaqa foi un aliado bizantino e ao parecer chamou a Xurxo a comparecer ante a súa presenza. Xurxo foi entregado aos mongois polos seus cortesáns no camiño á residencia do ilkán en Tabriz en 1280 e perdeu o seu trono. O seu irmán máis novo Xoán II substituíuno.

Aínda que algunhas crónicas armenias informan que Xurxo foi executado polo ilkán, están equivocadas, xa que Xurxo sobreviviu e foi posto en liberdade despois da morte de Abaqa en 1282. En 1284 Xurxo invadiu Trebisonda, nun intento de recuperar o seu trono. Con todo, as súas forzas foron derrotadas novamente, pero Xurxo deu feito a escapar e pasou un tempo vagando polas montañas antes de ser capturado. O exilio e as aventuras de Xurxo valéronlle o alcume de «o errante» ou «o vagabundo» (Πλάνος, Plános) na Crónica de Miguel Panaretos.

Cun matrimonio descoñecido ou coa súa amante, Xurxo tivo unha filla de nome descoñecido, que casou cun nobre xeorxiano. Outra posíbel filla (ou irmá) casou co rei Demetrio II de Xeorxia.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • The Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.
  • A. Bryer, "The Fate of George Komnenos, Ruler of Trebizond (1266–1280)," Byzantinische Zeitschrift 66 (1973) 332-350.
  • W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926.