Teodora de Trebisonda
Teodora Comnena (en grego: Θεοδώρα Μεγάλη Κομνηνή, Theodōra Megalē Komnēnē), nada antes de 1253 e finada despois de 1285, foi emperatriz de Trebisonda de 1284 a 1285. Foi unha filla do emperador Manuel I de Trebisonda coa súa segunda esposa, Rusudan, unha princesa xeorxiana.
Teodora de Trebisonda | |
---|---|
Nacemento | 1253 |
Lugar de nacemento | Trebisonda |
Falecemento | 1285 |
Lugar de falecemento | Sinope |
Nacionalidade | Imperio de Trebisonda e Imperio Bizantino |
Ocupación | política e Freira |
Pai | Manuel I de Trebisonda |
Nai | Rusudan da Geórgia |
Irmáns | Xurxo, emperador de Trebisonda, Andrónico II de Trebisonda e Xoán II de Trebisonda |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
En 1284, coa axuda do rei xeorxiano de Imereti, David VI Narin logrou apoderarse da coroa do seu medio irmán, o emperador Xoán II. Pouco despois foi derrotada e Xoán recuperou o seu trono, pero lograra reinar o tempo suficiente para cuñar as súas propias moedas. Xa sexa antes ou despois do seu curto reinado, Teodora foi monxa.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- W. Miller, Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era, Chicago, 1926.