Xurx Riaxi[1] (en árabe: جورج رياشي), nado o 25 de novembro de 1933 en Kaa al Rim, preto de Sahla (gobernación de Al-Biqa, Líbano) e finado o 28 de outubro de 2012, foi un eclesiástico católico greco-melquita, dende 1995 até 2010 arcebispo de Trípoli.

Infotaula de personaXurx Riaxi
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1933 Editar o valor em Wikidata
Beqaa, Líbano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de outubro de 2012 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Arcebispo católico
28 de xullo de 1995 – 3 de marzo de 2010
← Elias Nijmé (en) TraducirIduar Dahir →
Bispo diocesano
26 de marzo de 1987 – 28 de xullo de 1995 – Issam John Darwich (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLíbano Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Americana de Beirute (pt) Traducir
Universidade San Xosé
Instituto Católico de Paris (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1987–), sacerdote católico (1965–), teólogo Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónMáximo V Hakim Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xurx Riaxi naceu o 25 de novembro de 1933 en Kaa al Rim, preto de Sahla (na gobernación de Al-Biqa, Líbano).[2][3] Ingresou na Orde Basiliana de San Xoán Bautista, facendo os votos perpetuos o 28 de agosto de 1955,[3] e logo de pasar polo seminario completou os seus estudos de Filosofía e Teoloxía na Universidade San Xosé de Beirut; estudou tamén Física e Matemáticas na Universidade Americana de Beirut e fixo un posgrao no Instituto Católico de París para especializarse no ensino da lingua francesa.[3]

Foi ordenado sacerdote o 4 de abril de 1965 polo arcebispo de Beirut e Biblos Filib Naba.[2][3] Dedicou o seu traballo pastoral á mocidade, sendo un dos dirixentes do movemento scout, administrando o seminario menor da súa orde, e dirixindo a escola secundaria de Santo Antón en Kfarxima.[3] En 1971 foi trasladado aos Estados Unidos de América, como auxiliar da parroquia de Detroit, e a partir de 1978 como párroco.[3] En 1982 foi nomeado arquimandrita.[3]

O 26 de marzo de 1987 foi nomeado bispo de San Miguel de Sidney, ao aceptar a Santa Sé o seu nomeamento polo Santo Sínodo da Igrexa greco-melquita.[2][3] Recibiu a consagración episcopal o 19 de xullo de mans do patriarca de Antioquía Máximo V Hakim.[2][3]

O 28 de xullo de 1995 foi nomeado arcebispo de Trípoli.[2][3] Retirouse o 3 de marzo de 2010. Finou o 28 de outubro de 2012 nun hospital de Biblos.[3]

Notas editar

  1. Tamén romanizado como George Riashi.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Annuario pontificio (en italiano). Cidade do Vaticano: Libreria Editrice Vaticana. 2009. p. 764. ISBN 9788820981914. GEORGE Riashi, B.C., n. in Kaael-Rim, arciep. di Zahleh e Furzol dei Greco Melkiti, 25 nov. 1933; ord. 4 apr. 1965; el. a Saint Michael's of Sydney dei Greco Melkiti 26 mar. 1987; cons. 19 lu. 1987; pr. 28 lu. 1995. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 "انتقل إلى رحمته تعالى المطران جورج رياشي" [Descanse en paz, arcebispo Xurx Riaxi]. Patriarcado católico greco-melquita (melkitepat.org (en árabe). Noticia do seu pasamento, que inclúe unha breve nota biográfica. 28 de outubro de 2012. Consultado o 23/04/2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar