Iduar Dahir
Iduar Dahir[1] (en árabe: إدوار ضاهر), nado o 23 de abril de 1973 en Al-Qaa (gobernación de Al-Biqa, Líbano) é un eclesiástico católico greco-melquita, dende 2013 arcebispo de Trípoli.
إدوار ضاهر (Iduar Dahir) | |
---|---|
Arcebispo da Igrexa Católica Greco-Melquita | |
Biografía | |
Nacemento | 23 de abril de 1973 en Al-Qaa, gobernación de Al-Biqa, Líbano |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 8 de maio de 1999 |
Consagración episcopal | 7 de setembro de 2013, por Gregorio III Laham |
Arcebispo de Trípoli | |
2013 - actualidade | |
Predecesor | Xurx Riaxi |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Traxectoria editar
Dahir entrou no seminario menor da Orde Basiliana de San Xoán Bautista en 1985, facendo a profesión solemne o 28 de agosto de 1994. Estudou Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico San Paulo de Harisa e na Universidade Espírito Santo de Kaslik, e posteriormente Dereito canónico na Universidade La Sagesse de Beirut. Foi ordenado sacerdote o 8 de maio de 1999.
O 9 de xullo de 2013 foi nomeado arcebispo de Trípoli. Recibiu a consagración episcopal o 7 de setembro de mans do patriarca de Antioquía Gregorio III.
Notas editar
- ↑ Tamén romanizado como Eduard (Edouard) Daher.