Xosé Robles Pazos

profesor, tradutor e activista galego.

Xosé Robles Pazos, nado en Santiago de Compostela en 1897 e finado en 1937, foi un profesor, tradutor, e activista de esquerdas galego.

Infotaula de personaXosé Robles Pazos

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) José Robles Pazos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1937 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , político , profesor universitario , tradutor , autor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Johns Hopkins Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRamón Robles Pazos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Downtown, debuxo de Xosé Robles, 1928

Naceu en Compostela nunha familia aristócrata. Criouse en Madrid, onde o seu pai, que foi tradutor ocasional de poesía galega, traballaba como arquiveiro. Estivo na Institución Libre de Enseñanza. Coñeceu a John Dos Passos por casualidade durante unha viaxe a Toledo e introduciuno no ambiente intelectual de Madrid. Animado por Dos Passos postulouse como candidato a profesor na Johns Hopkins University e foi aceptado. Trasladouse a Baltimore en 1920 coa súa muller, Márgara Villegas e o seu fillo. Converteuse en amigo de Dos Passos, tamén militante radical de esquerdas, e no seu tradutor ao castelán. Aínda na actualidade está vixente a súa tradución de Manhattan Transfer. Tamén traduciu algunhas obras de Sinclair Lewis.

Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Xosé Robles estaba de vacacións en España. Apoiou a causa republicana, traballando de tradutor para o Ministerio da Guerra. Coñecedor da lingua rusa, foi nomeado tenente coronel polo Goberno e asignado como tradutor e colaborador do xeneral Vladimir Gorev. Pero a súa visión independente levouno a un conflito cos axentes da Unión Soviética, que estaban a conseguir cada vez máis poder no goberno e na zona republicana.

A comezos de 1937 Xosé Robles desapareceu. O xornalista estadounidense de esquerdas Josephine Herbst, nunha visita á fronte de guerra, descubriu que fora arrestado e fusilado por ser un espía das tropas franquistas, e deu esta información a Ernest Hemingway e Dos Passos, que estaban en Madrid. As circunstancias exactas da súa morte nunca foron clarificadas, poñéndose en dúbida o cargo de ser espía das tropas fascistas. Pola contra, suxeriuse que foi matado por axentes da NKVD (liderados por Alexander Orlov), xunto a outros militantes de esquerda como Andreu Nin.

A morte de Xosé Robles provocou a ruptura da amizade entre Hemingway e Dos Passos. Hemingway xustificou a morte, como necesaria en tempos de guerra, mentres que Dos Passos, conmocionado pola morte do seu amigo, rompeu o seu compromiso coa esquerda e comezou a súa deriva cara á dereita.

Xosé Robles era irmán de Ramón Robles Pazos, militar franquista, que chegou a tenente xeneral.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar