Ramón Robles Pazos

militar galego

Ramón Robles Pazos, nado en Santiago de Compostela en 1899 e finado en Madrid en marzo de 1968[1], foi un militar galego.

Ramón Robles Pazos
Nacemento4 de abril de 1899
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento26 de marzo de 1968
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
IrmánsXosé Robles Pazos
PremiosGran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ingresou na Academia Infantaría de Toledo en 1916. Participou na campañas de Marrocos, ascendeu a capitán por méritos de guerra e foi profesor na Academia de Infantaría. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de permiso en Madrid coa súa muller e fillos. Foi apresado e grazas á influencia do seu irmán José Robles Pazos que traballaba para o goberno leal, facilitáronlle un permiso especial e foi absolto no xuízo. Mentres, estivo refuxiado na Embaixada de Chile e traballaba como quintacolumnista. Ao finalizar a guerra participou na División Azul como tennte coronel. En outubro de 1961 foi nomeado tenente xeneral. Foi Gobernador Militar de Sevilla e do Campo de Xibraltar, estivo ao mando da VII Rexión Militar e en novembro de 1962 foi nomeado capitán xeneral da IX Rexión.

Vida persoal editar

Casou con Adelaida Segura Guijarro.

Notas editar

  1. ABC, 28-3-1968, p. 77.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar