José Ramón Varela Rey

político español
(Redirección desde «Xosé Ramón Varela Rey»)

José Ramón Varela Rey, nado en Artes (Carballo) o 22 de marzo de 1955, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE

Infotaula de personaJosé Ramón Varela Rey
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Área recreativa inaugurada por Salvador Fernández Moreda como presidente da Deputación da Coruña e Ramón Varela Rey como alcalde de Malpica.

Estudou Maxisterio. Foi xogador de fútbol e adestrador. É mestre adscrito a Secundaria na especialidade de Ciencias Naturais. Foi director do C.P. de Buño (1982-1985). Foi fundador e presidente da Asociación Cultural "As Revoltas" de Cabana. Militante do PSdeG-PSOE, nas eleccións municipais de 1987 foi o candidato á alcaldía de Malpica de Bergantiños, sendo elixido concelleiro. Nas municipais de 1991 e 1995 foi elixido novamente concelleiro como número 2 da candidatura socialista. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Malpica de Bergantiños e foi elixido alcalde tras contar co apoio do BNG e os independentes de AEMU, formacións coas que conformou un goberno tripartito. Dende febreiro de 2001 continuou goberno tan só co BNG, tralas discrepancias co líder independente Manuel Balseiro. Nas eleccións municipais de 2003 volveu a ser elixido alcalde tras lograla vitoria, pasando de 2 a 4 concelleiros, e pactar un goberno cos independentes de AVE-Malpica, encabezada por José Manuel Vila Pérez. Nas municipais de 2007 revalidou a súa vitoria ó subir a 5 concelleiros e mantivo a alcaldía, chegando a un acordo de goberno co concelleiro independente da AIM Alfredo Cañizo, o cal se mantivo ata febreiro de 2010. Nas municipais de 2011 foi superado polo PPdeG de Eduardo Parga Veiga, o cal logrou a alcaldía tras lograr un pacto con Cañizo. Desta forma, non tomou posesión como concelleiro e retirouse da primeira liña política.


Predecesor:
Manuel Pardines Arcay
  
Alcalde de Malpica de Bergantiños
 
1999 - 2011
Sucesor:
Eduardo Parga Veiga

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar