Abrir o menú principal

Xosé María Arias

avogado, empresario e banqueiro galego
(Redirixido desde "Xosé María Arias Mosquera")

TraxectoriaEditar

Fillo do empresario Joaquín Arias Díaz de Rábago e sobriño de Carmela Arias, condesa de Fenosa, estudou a escola nos Maristas da Coruña e bacharelato nos Xesuítas de Vigo. Despois licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ao rematar a carreira casa e marcha a Madrid, en 1975 a prepararse para ser rexistrador da propiedade. O seu pai cae enfermo, e regresa a Galicia en 1978.

Canda o seu irmán Vicente, comeza a traballar no Banco Pastor, na asesoría xurídica (1980). En 1983 foi nomeado subdirector dos servizos xurídicos, e en 1986, incorpórase ao consello de administración como letrado asesor. En 1988, foi nomeado subdirector xeral e secretario do consello de administración. Finalmente en 1991 convértese en director xeral de Banco Pastor, e en setembro de 2001 relevou a súa tía na presidencia do Banco Pastor.

Paralelamente, convertíase en vicepresidente de Unión Fenosa e vicepresidente da Fundación Barrié, e no presidente desta última a partir do falecemento en 2009 da súa tía. Tamén é vogal do padroado da Fundación Príncipe de Asturias e da Fundación Juana de Vega.

Xosé María Arias iniciou en 2001 unha forte reestruturación do banco que se inicia co lanzamento dun primeiro plan estratéxico de 2002 a 2005 que se continúa co Plan Delta, plan estratéxico que durará ata decembro de 2008. Estudou Alta Dirección de Empresas no IESE.

GalardónsEditar

En 2011 herdou o título nobiliario de conde de Fenosa[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar