Xoseme Mosquera
Xosé Manuel Mosquera Carbón, coñecido como Xoseme Mosquera, nado en Moreira (A Estrada) en 1960 e finado o 24 de maio de 1982, foi un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 Moreira, A Estrada, Galicia |
Morte | 24 de maio de 1982 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarOs primeiros anos da súa vida transcorreron na aldea. A mediados da década de 1970 matriculouse en Bacharelato e comezou a interesarse pola literatura. Tamén iniciou clases de guitarra. No final da ditadura comezou a transformarse nun escritor galeguista que critica a sociedade na que vive. En 1979 iniciou os estudos de Profesorado de EXB na Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte da Asociación Cultural A Estrada e fundou con tres amigos o grupo de música folk Penadona. Xa coñecedor de padecer unha enfermidade pouco común, o lupus, empregou os últimos meses de vida na creación artística, de índole literaria e musical.
Mentres acababa o bacharelato participou na edición dun xornal infantil e escribiu os seus primeiros relatos. Nesta época tiña como modelo a Manuel García Barros e un tempo despois a Xosé Neira Vilas. Segundo pasan os anos establece unha boa relación co seu fillo, David Ovidio García. Posteriormente na súa etapa de estudante en Compostela traballa como escritor e músico. Nesta época coñeceu a Neira Vilas, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Amancio Liñares Giraut e Xosé V. Ferreiros, que incentivaron os seus intereses literarios e musicais. Deu saída á súa paixón literaria de diversas formas, poesía, relatos breves e artigos no xornal El Correo Gallego e na revista literaria universitaria Dorna. A súa obra poética foi recompilada postumamente na obra-homenaxe Dame a túa man (Ed. Fouce, 1999).
Obra
editarA súa obra só abrangue un libro de poemas chamado Dame a túa man, editada por Edicións Fouce en 1999. O poemario recopila toda a obra poética.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Asociación Cultural da Estrada, ed. (1999). Dáme a túa man. Personalidade e obra poética de Xosé Manuel Mosquera Carbón.
Ligazóns externas
editar- Biografía en Letras estradenses Arquivado 20 de marzo de 2014 en Wayback Machine.
- «Xoseme Mosquera foi un gran piar do asociacionismo»