Xosé Luís García Mato

mestre e escritor galego

Xosé Luís García Mato, nado en Vilalba o 13 de xullo de 1924 e finado na mesma vila o 21 de xaneiro de 1980, foi un mestre e escritor galego.

Infotaula de personaXosé Luís García Mato
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1924 Editar o valor em Wikidata
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1980 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do escritor e xornalista Antonio García Hermida e sobriño-neto de Manuel Mato Vizoso. Centrouse na investigación da historia de Vilalba e colaborou en varias publicacións co pseudónimo de O Guedelliñas. Compilou Monografía sobre poetas da Terra Cha (1970) e Contos e lendas da Terra Cha (1971).

Obras editar

  • Cancións do lume novo, 1956.
  • Romance fondo e longo (en nove cantos) de lendas da Terra Cha, 1971.
  • Poemas de min pra vós, 1972-1973.
  • Poemas pra Helena.
  • Dando novas túas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar