Xoán Xacobe Fernández
Xoán Xacobe Fernández Fernández, nado en Moire (Carballeda, Piñor) o 25 de xullo de 1808 e finado en Damasco o 10 de xullo de 1860,[1][2] foi un relixioso franciscano galego mártir e santo.[1] En 2024 converteuse no cuarto santo nado na provincia de Ourense.[1] É venerado na súa parroquia natal, Carballeda.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Jacobo Fernández y Fernández 25 de xullo de 1808 Moire, España |
Morte | 9 de xullo de 1860 (51 anos) Damasco, Siria |
Causa da morte | homicidio |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 10 de xullo |
Traxectoria
editarAos 22 anos, tomou o hábito de frade menor da orde franciscana no convento de Herbón (Padrón).[2] Tras a desamortización de Mendizábal, foi enviado como misioneiro a Siria.[2]
Forma parte do grupo de frades franciscanos coñecidos como os Mártires de Damasco, composto por sete españois e un austríaco, xunto a tres maronitas segrares: Manuel Ruiz López, Carmelo Bolta Bañuls, Engelbert Kolland, Nicanor Ascanio, Pedro Soler, Nicolás María Alberca e Francisco Pinazo Peñalver. Foron asasinados o 9 de xullo de 1860 na devandita cidade. Xoán Xacobe foi precipitado desde o tellado dunha igrexa. Aínda vivo suplicoulle a Deus con fervor que aceptase o seu sacrificio, ata que cunha coitelada o remataron.[3] O seu corpo foi recuperado doce días despois por cristiáns sobreviventes.[4]
Beatificación e canonización
editarO papa Pío XI beatificouno, canda os seus compañeiros, o día 10 de outubro de 1926. O papa Francisco canonizouno o 20 de outubro de 2024.
Culto
editarA súa memoria litúrxica celébrase o 10 de xullo. É venerado na súa parroquia natal, Carballeda, onde hai catro imaxes.[2] Na catedral de Ourense, na capela do Rosario, tamén se encontra unha figura do santo, á par de Sebastián de Aparicio.[2]
Tiña un vínculo familiar con Camilo José Cela.[1] A súa familia dooulle á diocese de Ourense a casa natal de Xoán Xacobe.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 amil (2024-10-20). "O frade Juan Jacobo Fernández natural de Piñor, entre os sete franciscanos españois proclamados santos polo Papa". BadalNovas. Consultado o 2024-10-23.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "AGalega". AGalega. Consultado o 2024-10-23.
- ↑ Región, La (2024-05-26). "El papa aprueba la canonización de un franciscano de Piñor de Cea". La Región (en castelán). Consultado o 2024-10-23.
- ↑ Alejandro (2024-07-03). "20 de octubre: Canonización del Bto JUAN JACOBO". Parroquia SFA_Coruña (en castelán). Consultado o 2024-10-23.