Xiana Méndez
Xiana Margarida Méndez Bértolo, nada o 27 de xullo de 1977 en Pontevedra, é unha economista galega. Desde xuño de 2018 é Secretaria de Estado de Comercio no goberno de Pedro Sánchez.
Xiana Méndez | |
---|---|
Nacemento | 27 de xullo de 1977 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Pontificia Comillas |
Ocupación | oficial e avogada |
Irmáns | Elena Méndez Bértolo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciouse en Dereito e en Administración e dirección de empresas pola Universidade Pontificia Comillas de Madrid. En 2004 ingresou mediante concurso oposición no Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado e comezou a súa traxectoria profesional na Comisión Nacional da Competencia (CNC).[1]
Entre os anos 2013 e 2015, desempeñou diferentes postos na Dirección Xeral de Política Económica do Ministerio de Economía, chegando a especializarse nos sectores do transporte, infraestuturas e crédito oficial.
A partir do mes de agosto de 2015, pasou a ser a Conselleira Económica e Comercial da Embaixada de España en Ecuador, situada na cidade de Quito.[1]
En 2018 regresou a España após ser nomeada polo Consello de Ministros, como a nova Secretaría de Estado de Comercio e tamén a nova Presidenta do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).[2][3]
Vida persoalEditar
É irmá da xeógrafa Elena Méndez Bértolo e do psicólogo Constantino Méndez Bértolo.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 J., G. C. (23 de xuño de 2018). "O Goberno designa á galega Xiana Méndez secretaria de Estado de Comercio". La Opinión A Coruña. Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ Europa Press (22 de xuño de 2018). "A pontevedresa Xiana Méndez, nova secretaria de Estado de Comercio". Faro de Vigo. Consultado o 24 de xuño de 2020.
- ↑ Axencia EFE (22 de xuño de 2018). "Xiana Méndez Bértolo, nueva secretaria de Estado de Comercio". La Vanguardia. Consultado o 24 de xuño de 2020.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Xiana Méndez no Portal da transparencia do Goberno de España Arquivado 26 de xuño de 2020 en Wayback Machine.