Xeberico (en latín: Gebericus) foi, segundo a Getica de Xordanes (un escritor bizantino do século VI), un xefe militar tervingo (rei) do século IV.

Infotaula de personaXeberico
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor em Wikidata
Morte350 ↔ 365 Editar o valor em Wikidata
Xuíz dos Tervingi
350 – 365
← AoricoAtanarico →
King of the Goths (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónPaganismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua gótica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xeberico era fillo do nobre Hilderido, neto de Ovida e bisneto de Nidada.[1]

Segundo Xordanes, sucedeu a Ariarico e ao seu fillo Aorico no trono dos tervingos. No 334, dous anos despois de que se confirmase o foedus entre Ariarico e o emperador Constantino o Grande (reinado 306–337), dirixiu aos tervingos nun ataque contra os sármatas, os seus veciños do noroeste, que ese ano estaban divididos en dous grupos por mor dunha guerra civil: unha parte asentouse no interior do Imperio Romano e a outra estaba baixo a protección do rei vándalo asdingo Visumaro. Segundo Xordanes, Xeberico dirixiuse contra Visumaro, que foi derrotado no 335, e despois regresou ás súas terras no Baixo Danubio.[2]

Algún tempo despois desta vitoria, Xeberico morreu e foi sucedido polo amalo Hermanarico.[1] Este, mencionado por Amiano Marcelino como un rei dos grutungos, foi derrotado polos hunos do leste, quen derrotaran e uniron forzas aos alanos que vivían preto do río Don.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "JORDANES. THE ORIGIN AND DEEDS OF THE GOTHS, XXI, 112-XXII, 113". people.ucalgary.ca (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2022. 
  2. Wolfram 1990, pp. 62-63

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley, Os Ánxeles e Londres: University of California Press. ISBN 9780520069831. 
Predecesor:
Aorico
Reis dos tervingos
350-360
Sucesor:
Atanarico
Predecesor:
Aorico
Reis ostrogodos
350-375?
Sucesor:
Vitimiro