Xanthocyparis vietnamensis

especie de planta

Xanthocyparis vietnamensis
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Subfamilia: Cupressoideae
Xénero: Xanthocyparis
Especie: X. vietnamensis
Nome binomial
Xanthocyparis vietnamensis
Farjon & T. H. Nguyên, 2002

Xanthocyparis vietnamensis é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das cupresoideas (Cupressoideae), unha das dúas incluídas no recente novo xénero Xanthocyparis.

X. vietnamensis no Quarryhill Botanical Garden, California.

Características

editar

As principais caracteírticas de Xanthocyparis vietnamensis son:[2]

É moi semellante á súa máis coñecida conxénere, Xanthocyparis nootkatensis, da que se diferencia sobre todo pola cor dourada da súa follaxe.

Trátase dunha árbore perennifolia, dioica, que alcanza de 10 a 15 m de altura.

O seu tronco é recto, cilíndrico, coa casca de cor que vai da parda á parda agrisada, lisa e delgada nas pólas, exfoliándose en láminas finas e estreitas no tronco das árbores máis grandes. Nos espécimes novos o tronco é de cor que vai da púrpura até á parda avermellada.

As pólas son longas, e están dispostas máis ou menos horizontalmente.

Presenta numerosas ramiñas de follaxe, que se abren en abanos lixieramente caídos no extremo, formando unha copa piramidal nas árbores novas, sen separarse, e irregulares ou planas na copa dos exemplares vellos.

Os conos polinírefos son ovalados, de 2,5 a 3,5 mm de lonxitude e de 2 a 2,5 mm de diámetro máximo.

O conos femininos (piñas) son escasos, pero ás veces aparecen agrupados 2 ou 3 xuntos, nas marxes exteriores das pólas. Maduran no curso en dous anos, e ao principio son de cor verde, que se torna a parda escura na madurez. Son subglobulares, de 9 a 11 mm de longo e de 10 a 12 mm de diámetro cando están abertos. Algúns destes conos persisten na árbore despois da dispersión das sementes.

Distribución

editar

Xanthocyparis vietnamensis é endémica do Vietnam, encontrándose tan só nas montañas cársicas calcarias da provicia de Ha Giang, no norte de Vietnam.[1][3]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descuberta polos científicos occidentais en outubro de 1999 e denominada como Cupressus vietnamensis (Farjon) Silba e Callitropsis vietnamensis (Farjon & Hiep) D.P. Little

Pouco despois foi descrito un novo xénero (Xanthocyparis), e unha nova especie, Xanthocyparis vietnamensis, estreitamente relacionada con Xantocyparis nootkatensis, que foi transeferida ao novo xénero Xanthocyparis en 2002 polos botánicos Aljos Farjon (neerlandés) e Nguyen Tien Hiep (vietnamita).[2] [4]

Posteriormente, Little et al., en 2004, sinalaron que se lle dera a Xanthocypakatensis un nome anterior no xénero Callitropsis Oerst., 1864), pero este nome foi abandonado máis adiante en favor de Xanthocyparis.[5]

Sinónimos

editar

A especie coñécese tamén polos sinónimos:[6]

  • Cupressus vietnamensis (Farjon) Silba
  • Callitropsis vietnamensis (Farjon & Hiep) D.P. Little
  1. 1,0 1,1 Xanthocyparis vietnamensis Arquivado 10 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN. Versión 2017-3. Consultada o 9 de xaneiro de 2018.
  2. 2,0 2,1 Farjon et al. 2002.
  3. Thompson, Christian (15-12-2008). "First Contact in the Greater Mekong" (pdf). World Wildlife Fund. Consultado o 9 de xaneiro de 2018. 
  4. Á veces encóntrase a abreviatura Hiep en lugar de T. H. Nguyên entre os autores da descrición desta especie. Trátase dun error debido a unha confusión, desde hai tempo, entre o apelido e o segundo nome desta persoa.
  5. Little et al. 2004.
  6. Xanthocyparis vietnamensis Arquivado 09 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. en ZipcodeZoo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Averyanov, L. V.; Hiep, N. T.; Harder, D. K. & Loc, P. K. (2002): "The history of discovery and natural habitats of Xanthocyparis vietnamensis (Cupressaceae)". Turczaninowia 5 (4): 31-39.
  • Farjon, A. (2010): A Handbook of the World's Conifers. 2 vols. Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 978-9-0474-3062-9.
  • Farjon, A.; Hiep, N. T.; Harder, D. K., Loc, P. K. & Averyanov, L. (2002): "A new genus and species in Cupressaceae (Coniferales) from northern Vietnam, Xanthocyparis vietnamensis". Novon 12 (2): 179-189.
  • Little, Damon P.; Andrea E. Schwarzbach; Robert P. Adams & Chang-Fu Hsieh (2004): "The circumscription and phylogenetic relationships of Callitropsis and the newly described genus Xanthocyparis (Cupressaceae)". American Journal of Botany. 91 (11): 1872–1881.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar