En botánica denomínase copa dunha planta á parte superior dunha árbore ou dun arbusto, formada polo caule e o conxunto das pólas, incluíndo as follas, e as estruturas reprodutivas.[1]

Copa dunha árbore.

Nas especies caducifolias tamén se denomina copa ao tronco e ramas desprovistas de follas.[2]

Etimoloxía editar

O termo copa procede do latín vulgar cuppa, e este do latín cásico cūpa, -ar, "cuba", "barril", "tonel".

Características editar

As formas das copas son moi variábeis. Os principais tipos de árbores son de hábito excurrente con ramificación en formas conoides, ou decurrente, que dá lugar a formas arredondadas. Tamén se poden caracterizar pola súa anchura, profundidade, área superficial, volume e densidade.

As medicións das copas son importantes na cuantificación e cualificación da sanidade vexetal, etapas de crecemento e eficiencia.

As principais funcións da copa inclúen a asimilación da enerxía da luz, a absorción de dióxido de carbono e a liberación de oxíxeno a través da fotosíntese, a liberación de enerxía pola respiración, e o liberación de auga á atmosfera pola transpiración. Estas funcións son realizadas polas follas.

As pólas da copa proporcionan soporte mecánico para distribuír as follas de maneira eficiente e servir como condutos para os recursos (auga, nutrientes) para realizar estas funcións.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para copa., 6ª acepción.
  2. Font Quer, P. (1953): "Copa", no Dicionaro de botánica. Vol. I. Barcelona, Editorial Labor, S. A., ISBN 978-84-3350-076-7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar