José Rey-Alvite Feás
José Rey-Alvite Feás, tamén coñecido como Pepe Alvite e José Rey Feás, e alcumado Yersaef e Xan da Ulla, nado en Santiago de Compostela o 29 de abril de 1919 e finado na mesma cidade o 14 de xuño de 1991, foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1919 Santiago de Compostela, España |
Morte | 14 de xuño de 1991 (72 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Fillos | Xosé Luís Alvite |
Pai | Jesús Rey Alvite |
Irmáns | Jesús Rey-Alvite Feás |
Traxectoria
editarFillo do xornalista Jesús Rey Alvite e de Concepción Feás Mourelle, e irmán do tamén xornalista Jesús Alvite. Colaborou en diversos medios de comunicación. Dentro dos medios escritos, en El Pueblo Gallego, La Noche, La Voz de Galicia e El Correo Gallego. Nos medios radiofónicos, colaborou na compostelá Radio Galicia, co alcume de Xan da Ulla.[1] Foi empregado da delegación territorial de Televisión Española en Galicia.
Finou en Santoago de Compostela o 14 de xuño de 1991.[2]
Vida persoal
editarCasou con Leonor Martínez Vázquez, coa que tivo tres fillos: Jesús (nado en maio de 1948[3] e finado o 12 de outubro de 1984),[4] José Luis e Manuel Ángel.
Recoñecementos
editarUnha rúa compostelá leva o nome Irmáns Rey Alvite en lembranza súa e do seu irmán Jesús.