Xan da Coba
Juan María de la Coba Gómez,[1] nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego, considerado un dos animadores máis excéntricos da vida cultural da súa cidade.[2]
Xan da Coba | |
---|---|
![]() En 1897 Taxes –Xesta– fai un debuxo de Juan de la Coba, para Galicia Moderna, no que coloca de fondo un par de pancartas nas que figuran os títulos das obras escritas por este.[1] | |
Nacemento | 30 de marzo de 1813 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 9 de novembro de 1899 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, inventor, poeta, xornalista e editor literario |
Xéneros | Poesía, teatro |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta. Recordado polo seu invento do Pirandárgallo, un paraugas universal, que segundo argumentaba, “bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea”. Inventou tamén unha lingua, o trampitán, idioma empregado por Gonzalo Torrente Ballester na novela La saga/fuga de J. B.[3]. Escribiu dúas pezas teatrais en galego, mais segundo a crítica o contido das súas obras era de calidade pésima e carentes de acción e de interese.[4]
Cerámica de Sargadelos fixo unha botella coa súa figura.[5][6]
Obras editar
- La Galiciana, 1861.
- María Pita, 1863.
- Avisos al labrador principales nociones de agricultura, 1867.
- Grandes consejos: obra literaria de instrucción moral y recreativa, 1876.
- Desengaños : obra moral y en verso contra el crimen, 1880.
- Guerra en Melilla, 1888
- Una permuta fatal, 1889
- Juanita y Juan, 1890
- Cervantes, 1894
- Batalla de Lepanto, 1894
- La trampitana, 1895
- El conde y marqués, 1896
- Cuba es de España, Razones de la ley, 1896
- La fidelidad, 1897
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 El Gracioso de Juan de la Coba Gómez Arquivado 16 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
- ↑ "Coba Gómez, Xan da". Diccionario enciclopédico galego universal 16. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 88–89. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Torrente Ballester, G. (2011 [1972]). Carmen Becerra e Antonio J. Gil González, ed. La saga/fuga de J. B. Castalia. p. 155. ISBN 978-84-9740-298-9.
- ↑ AAVV. "Coba Gómez, Xan da" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ Casares, Carlos (2000). Biografía de Don Juan de la Coba. «Os minilibros de Galaxia». ISBN 84-8288-354-2.
- ↑ "Imaxe da botella de Sargadelos de Juan de la Coba y Gomez". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Alonso Montero, Xesús e Casares, Carlos (1992). Vida, obra e milagres de Xan da Coba. Biblioteca de autores galegos. Diario 16 de Galicia.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "COBA GÓMEZ, Juan". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 283.
- Fariña Busto, F. e Sierra Rodríguez, M.ª José: "Notas encol da biografía de Don Juan de la Coba Gómez". Boletín Avriense, t. 45, 2015 Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., p. 225-242.
- Filgueira Valverde, José (1992). "Un poeta coa súa fala: don Juan de la Coba Gómez e a súa lingua poética". VII Adral. Ediciós do Castro.
- Sanmartín Rei, Goretti (2002). O teatro de Xan da Cova. La Galiciana e María Pita. A Coruña: Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. ISBN 978-84-9749-008-5.
- Valcárcel, Marcos et al. (1999). Juan de la Coba y Gómez, 1829-1899: antoloxía de textos sobre o inventor do trampitán Concello de Ourense.
- Vilavedra, D., ed. (1995). "Coba Gómez, Xan da". Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 139-140. ISBN 84-8288-019-5.
- "Coba Gómez, Xan da". Enciclopedia Galega Universal 5. Ir Indo. 1999-2002. p. 447. ISBN 84-7680-288-9.
- "Coba Gómez, Xan da". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 259.
Ligazóns externas editar
- Nota biográfica 7/2/2008.