Xacobe Medina
Filósofo, músico e escritor galego
Xacobe Medina Dacasa, nado en Pontevedra en 2000, é un músico, licenciado en filosofía e escritor galego.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2000 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofo , músico , escritor ![]() |
Familia | |
Parentes | Xosé Filgueira Valverde () ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou violín e viola no CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra e, aos 14 anos, era violinista titular da Orquesta de Niños Sinfónica de Galicia. Entre o 2015 e 2016 compuxo pequenas obras que foron interpretadas polo coro Luís García Limeses e a orquestra do Conservatorio de Pontevedra.[1] Graduouse en Filosofía na USC en 2022 para facer a continuación un mestrado na mesma universidade. Comezou a publicar xa en 2017. É autor da canción "Tan largo el amor".[2]
Obra
editarEn galego
editarEnsaio
editar- Adral da Filosofía (2018). Edición de autor. 196 páxs. ISBN 978-84-09-05249-3.[3] Co mesmo formato dos Adral do seu bisavó Filgueira Valverde.
- Breve historia da normativización do galego (a verdade tras o Decreto Filgueira) (2024). Silleda: Fervenza. 88 páxs. ISBN 978-84-19840-15-8. Prólogo de Fina Casalderrey.[4]
Narrativa
editar- Memorias dun profesor (2020). Silleda: Fervenza. 108 páxs. ISBN 978-84-18136-02-3.[5] Relatos.
Presentando Lembranzas dun mestre subversivo no Museo de Pontevedra con Xesús Alonso Montero, María de Mar Carballo Feijoo e Fran Alonso, 2023.
En castelán
editar- La vida actual según los dioses (2017). Edición de autor. 114 páxs. ISBN 978-84-9946-563-0.
Vida persoal
editarÉ bisneto de Xosé Filgueira Valverde.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ Quesada, Adriana (2023-12-10). "“Ahora que tiene 100.000 reproducciones, me empieza a dar un poquito de miedo”". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-03-03.
- ↑ "Presentación do libro Adral da Filosofía de Xacobe Medina". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Xacobe Medina, ensaista: «Trato de esclarecer varios aspectos escuros do proceso de normativización lingüística»". La Voz de Galicia. 2024-03-01. Consultado o 2024-03-01.
- ↑ "Memorias dun profesor-edicions fervenza". Edicións Fervenza. Consultado o 2023-03-12.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-12.