Conservatorio profesional de música Manuel Quiroga

conservatorio público de Pontevedra

Coordenadas: 42°25′31″N 08°37′46″O / 42.42528, -8.62944

O Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga é un centro público de ensinanza musical da cidade de Pontevedra, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza, que oferta ensinanzas dos graos elemental e profesional de música. Foi fundado en 1863 e recibe o nome actual en honor ao violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada.

Conservatorio Profesional de Música "Manuel Quiroga"
Datos xerais
LocalizaciónPontevedra, Galiza Galiza
Datos actuais
Datos de contacto
EnderezoAvenida de Virxinia Pereira Renda, 4
36004
Páxina webwww.conservatoriomanuelquiroga.com
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O Conservatorio de Pontevedra foi fundado en 1863, o que o converte nun dos conservatorios máis antigos que funcionan en Galiza. Dende 1992 está integrado na rede pública de conservatorios da Xunta de Galiza, impartindo os graos elemental e profesional dos plans de estudos regulados no RD 268/1966 ata a súa extinción, e o regulado no 253/1993 en vixencia e os estipulados na LOE/07 do 27 de setembro. En 2004 o Conservatorio abandonou a súa localización na céntrica rúa de Afonso XIII para trasladarse á avenida de Xoán Carlos I, no barrio da Parda da capital pontevedresa, o que supuxo o incremento da súa oferta educativa e o aumento do alumnado, aumentando en consecuencia o número de profesores e especialidades, engadindo tamén música antiga.

Especialidades editar

O centro ten unha oferta educativa que inclúe as especialidades de canto, piano, acordeón, especialidades orquestrais de vento madeira, vento metal, instrumentos familia do violín, percusión, corda pulsada, e instrumentos de música antiga e barroca como a frauta de bico, a viola da gamba ou o clave.

Instalacións editar

 
Entrada ao edificio.

O edificio actual comprende un total de aproximadamente 3.200 distribuídos en catro andares, ós que se suma aparcadoiro para 26 prazas e xardíns. O centro conta coas seguintes instalacións:[1],[2]

  • 27 aulas de ensino instrumental.
  • 9 aulas de ensino non instrumental.
  • 2 aulas de música de cámara.
  • 1 aula polivalente.
  • 1 aula de informática aplicada á música.
  • 24 cabinas de estudio.
  • 3 despachos.
  • 1 sala de secretaría.
  • 1 conserxería.
  • 3 despachos destinados a usos varios (departamentos etc).
  • Sala de profesores.
  • Auditorio con máis de 200 localidades.
  • Biblioteca-fonoteca.
  • Cafetería.
  • Aseos, cuartos de limpeza.
  • Almacén xeral e cuartos de instalacións (no soto).

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar