XXI dinastía exipcia

dinastía do antigo Exipto

A XXI Dinastía de Exipto (XXI Dinastía), adoita clasificarse como a primeira dinastía do Terceiro Período Intermedio do Antigo Exipto, que durou desde o 1069 a.C ata o 945 a.C.

Modelo:Xeografía políticaXXI dinastía exipcia

Localización
Datos históricos
Precedido por
Creación1077 a. C. Editar o valor em Wikidata
Disolución943 a. C. Editar o valor em Wikidata
Sucedido porXXII dinastía exipcia Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
A máscara funeraria de ouro do faraón Psusennes I

Despois do reinado de Ramsés III, seguiu un longo e lento declive do poder real en Exipto. Os faraóns da XXI Dinastía gobernaban desde Tanis, pero estiveron activos principalmente no Baixo Exipto, que controlaban. Esta dinastía é descrita como "tanita" porque a súa capital política estaba baseado en Tanís. Mentres tanto, os Sumos Sacerdotes de Amón en Tebas gobernaban de facto o Alto e Medio Exipto en todo menos no nome. O posterior sacerdote exipcio Manetón de Sebennytos afirma no seu epítome sobre a historia real exipcia que "a XXI dinastía de Exipto durou 130 anos".[1]

Faraóns da XXI dinastía editar

Artigo principal: Lista de faraóns.
Faraón Imaxe Nome / Prenomen Reinado Tumba Consorte(s) Comentarios
Smendes / Nesbanebdjed I   Hedjkheperre Setepenre 1077 - 1051 a.C. descoñecida Tentamun Só controlou o Baixo Exipto durante o seu reinado. Fundador da XXI dinastía.
Amenemnisu   Neferkare Heqawaset 1051 - 1047 a.C. descoñecida
Psusennes I / Hor-Pasebakhaenniut I   Akheperre Setepenamun 1047 - 1001 a.C. NRT III, Tanis Mutnedjemet
Wiay
Duración precisa do reinado descoñecida. Entre 41 e 46 anos.
Amenemope   Usermaatre Setepenamun 1001 - 992 a.C. Tanis
Osorkon o Vello   Akheperre Setepenre 992 - 986 a.C. descoñecida
Siamón   Netjerkheperre Setepenamun 986 - 967 a.C. descoñecida
Psusennes II / Hor-Pasebakhaenniut II   Titkheperure Setepenre 967 - 943 a.C. descoñecida

Cronograma da XXI dinastía editar

Psusennes IISiamunOsorkon the ElderAmenemopePsusennes IAmenemnisuSmendes

Notas editar

  1. Kenneth A. Kitchen, The Third Intermediate Period in Egypt (1100–650 BC), 3rd edition, 1986, Warminster: Aris & Phillips Ltd, p.531

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte
Vixésima dinastía Vixésimo primeira Dinastía
c. 1069 - 945 a.C.
Vixésimo segunda dinastía