Wikipedia:Vandalismo

(Redirección desde «Wikipedia:VA»)
Atallo:
WP:VA
Vandalismo na Wikipedia en castelán.

O vandalismo na Wikipedia refírese a unha forma de edición que levan a cabo persoas que teñen como diversión estragar o traballo doutros colaboradores ou crear artigos lixo, sen ningún tipo de contido enciclopédico nin de interese. Estas edicións son, por norma xeral, feitas por enderezos IP, aínda que outros rexístranse como usuariosco propósito de vandalizar o wiki. Este é un dos grandes problemas da Wikipedia.

Dado que o lema de todas as wikipedias, sexa na lingua que sexa, é «a enciclopedia libre que calquera pode editar» os vándalos aos que lles gusta estragar o traballo dos demais poden facelo libremente. E para evitar isto, algunha Wikipedias toman medidas.

Medidas para evitar os vandalismos

  1. En primeiro lugar, calquera usuario con dereitos de administrador do sistema, pode bloquear un usuario se dá calquera tipo de problemas, sempre e cando siga a política e normas sobre os bloqueos.
  2. En segundo lugar, existe outra medida que se pon en marcha nalgunhas wikipedias, consistente en forzar a que os usuarios anónimos teñan que usar o botón "Amosar a vista previa" antes de poder gardar a súa edición. É o caso, por exemplo, da Galipedia.
  3. Por último, a terceira trátase de impedirlles aos anónimos a creación de novos artigos, aínda que seguen a ter o dereito de editar as páxinas xa creadas. Esta medida está imposta, por exemplo, na Wikipedia en inglés.

O vandalismo non prospera

Malia os graves problemas que isto semella presentar a simple vista, o vandalismo, en xeral, non prospera na Wikipedia. Dado que a maior parte do público da Wikipedia ten boas intencións e, daquela, os vandalismos son minoritarios nas edicións diarias, as desfeitas rara vez conseguen permanecer por moito tempo sen seren borradas ou revertidas.

A maioría dos vándalos son anónimos, pois Wikipedia permite a edición dos seus artigos sen rexistrarse previamente, como xa dixemos. Algúns casos extremadamente raros teñen pasado nos que un usuario rexistrado comete actos de vandalismo reiteradas veces. Estes últimos casos adoitan corresponder coa expresión de motivacións ideolóxicas, culturais ou relixiosas, que empurran o vándalo a continuar editando e tentar impoñer as súas crenzas.

Véxase tamén

Outros artigos