Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2014

Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi Ministro de Información e Turismo, embaixador en Londres, Ministro de Gobernación, Vicepresidente Segundo do Goberno de España, presidente de Alianza Popular, presidente do Partido Popular e terceiro Presidente da Xunta de Galicia dende o 5 de febreiro de 1990 ata o 29 de xullo do 2005, o presidente que ocupou o pazo de Raxoi durante máis anos.