Wikipedia:Espazo de nomes
(Redirección desde «Wikipedia:EN»)
Esta é unha páxina informativa da Galipedia.
Describe prácticas editoriais establecidas da comunidade nalgún aspecto concreto, ou detalla aspectos das normas e usos habituais dentro da Galipedia. |
Espazos de nomes da Wikipedia | |||
---|---|---|---|
Espazos de nomes básicos | Espazos de nomes conversa | ||
0 | Principal (ou Artigo) | Conversa | 1 |
2 | Usuario | Conversa usuario | 3 |
4 | Wikipedia | Conversa Wikipedia | 5 |
6 | Ficheiro | Conversa ficheiro | 7 |
8 | MediaWiki | Conversa MediaWiki | 9 |
10 | Modelo | Conversa modelo | 11 |
12 | Axuda | Conversa axuda | 13 |
14 | Categoría | Conversa categoría | 15 |
100 | Portal | Conversa portal | 101 |
102 | Libro | Conversa libro | 103 |
828 | Módulo | Conversa módulo | 829 |
2300 | [[Wikipedia:Trebellos|]] | 2301 | |
2302 | [[Wikipedia:Trebellos|]] | 2303 | |
2600 | |||
Espazos de nomes virtuais | |||
-1 | Especial | ||
-2 | Media |
Un espazo de nomes na Wikipedia é un conxunto de páxinas da Wikipedia cuxos nomes comezan cun prefixo particular recoñecido polo software MediaWiki, coa única excepción dos artigos da enciclopedia, que non teñen prefixo.
Sintaxe
editarA sintaxe dos espazos de nomes é do seguinte modo: o nome do espazo de nomes, seguido de dous puntos (":"), seguido do título da páxina. Por exemplo:
Usuario:Exemplo
- O exemplo anterior correspondería coa páxina de usuario presente no espazo de nomes usuario, pertencente ao usuario chamado "Exemplo".
Uso na Wikipedia
editarA Galipedia ten 24 espazos de nomes na actualidade: once espazos de nomes básicos, coa súa conversa correspondente asociada; e dous espazos de nomes virtuais.