Wikipedia:Libros
Libros da Wikipedia Crear un libro · O andel de libros · Axuda para os principiantes · Axuda para os expertos
Vista xeralOs libros da Wikipedia son unha colección dalgúns dos contidos da Wikipedia gardados dun xeito doado, renderizados electronicamente en formato PDF ou OpenDocument ou pedidos como libro impreso. Hai máis información e axuda sobre os libros da Wikipedia en Axuda:Libros. O andel de libros |
Consellos para crear librosTema e títuloApenas hai límites á hora de crear libros con contidos da Wikipedia. Os bos libros céntranse en certos temas e cobren o asunto o máximo posible. Un título significativo axuda ao resto de usuarios a ter unha idea correcta do que hai no libro. ExtensiónOs libros deberían ter un número razoable de artigos. Un único artigo non é suficiente, pero os libros que dan como resultado un PDF con máis de 500 páxinas son, probablemente, longos de máis, mesmo podendo causar problemas de rendemento en ordenadores vellos. IntroduciónOs libros gardados pódense modificar para que inclúan unha introdución. O texto introdutorio pódese almacenar nunha subpáxina do libro. Olla a axuda para expertos para aprender o procedemento. |