Axuda:Libros/para expertos

Libros impresos por PediaPress con contidos da Wikipedia.

Esta páxina dá detalles ós usuarios experimentados das funcións avanzadas da ferramenta de creación de libros. Entre outras cousas, explica como se pode mellorar o deseño dos libros e como se almacenan na Wikipedia.

Gardar libros

editar
Formato das páxinas de libros almacenados

Cando gardas un libro, almacénase no formato mostrado a continuación.

{{Libro gardado
 |título=
 |subtítulo=
 |imaxe-portada=
 |cor-portada=
 |cor-texto
}}

== Título ==
=== Subtítulo ===

;Capítulo 1
:[[Primeiro artigo]]
:[[Artigo 2|Segundo artigo]]
:[[Terceiro artigo]]

;Capítulo 2
:[[Cuarto artigo]]
:[[Quinto artigo|Quinto artigo]]
:[[Sexto artigo]]

[[Categoría:Wikipedia:Libros|Título]]

<-- Modelo que aparece na parte superior da páxina
<-- Isto só se usa para xerar unha vista previa da cuberta
<-- Isto só se usa para xerar unha vista previa da cuberta
<-- Imaxe por defecto da cuberta do libro (vexa a nota do final)
<-- Cor por defecto da cuberta do libro (vexa a nota do final)
<-- Isto só se usa para xerar unha vista previa da cuberta


<-- Título do libro
<-- Subtítulo do libro

<-- Nome do primeiro capítulo (comeza cun punto e coma)
<-- Primeiro artigo (comeza con dous puntos)
<-- Segundo artigo (renomeado)
<-- Terceiro artigo

<-- Nome do segundo capítulo
<-- Cuarto artigo
<-- Quinto artigo (renomeado)
<-- Sexto artigo

<-- O libro categorízase dentro da [[Categoría:Wikipedia:Libros]], ordenado por "Título"

*   Estes parámetros actualmente non son soportados polo creador de libros pero van selo 
    nalgún momento no futuro. Mentres tanto, poden usarse para dar unha vista previa 
    de como aparecerá a portada do libro.

Tamén podes crear un libro a man, utilizando o mesmo formato. Para crealo deste xeito, comeza unha páxina nova, por exemplo, [[Usuario:Nome de usuario/Libros/Nome do libro]]. Só os usuarios autoconfirmados poden gardar libros.

Sintaxe permitida

Só está permitida a seguinte sintaxe:

Título O título vai dentro de dous signos de igual.

== Título ==

Subtítulo O subtítulo vai dentro de tres signos de igual.

=== Subtítulo ===

Cabeceiras dos capítulos As cabeceira dos capítulos van precedidas dun punto e coma.

;Nome do capítulo

Engadir un artigo Os artigos insírense mediante unha ligazón despois de dous puntos.

:[[Artigo]]

Renomear un artigo Podes utilizar unha barra vertical ("|") para cambiar o nome do artigo no libro.

:[[Lua (linguaxe de programación)|Lua]]

Categorizar os libros Categoriza o libro dentro da Categoría:Wikipedia:Libros, e ordénao como "Título".
[[Categoría:Wikipedia:Libros|Título]]
Localización dos libros

Os libros pódense gardar tanto no espazo de nomes de usuario [[Usuario:Nome de usuario/Libros/Nome do libro]] como no espazo de libros da comunidade en [[Libro:Nome do libro]]. Para que sexa recoñecido como libro, ten que pertencer á categoría Categoría:Wikipedia:Libros (engadido automaticamente por {{Libro gardado}}).

Cargar libros

editar

Para cargar un libro, simplemente faga clic na ligazón "cargar libro" no titular na parte superior de cada libro. Se o titular non está presente, entón engada {{Libro gardado}} no comezo da páxina.

Mellorar o deseño do libro

editar

Algunhas etiquetas wiki poden provocar problemas na xeración de documentos PDF como parte dun libro. Isto sucede principalmente con modelos, que se mostrarán de forma diferente na versión electrónica ou na impresa comparadas coa súa visualización do artigo en liña. Isto pode amañarse substituíndo o modelo ou quitándoo. Como regra básica, todo contido (especialmente modelos) que non engadan información á versión sen conexión do documento, deberían ser excluídas da versión de impresión.

Identificando problemas

editar

A maneira máis eficaz para identificar os problemas é revisar os artigos individuais do seu teu libro e visualizar cada artigo como PDF (pulsa en "Descarga como PDF" na caixa de "imprimir/exportar" no lado esquerdo da pantalla, cara abaixo). Previsualiza a páxina, e se algo non se mostra correctamente, hai posibilidades de que haxa un problema. Aínda que os libros impresos e a versión OpenDocument serán diferentes da versión en PDF, comparten moitas semellanzas. Se algo se visualiza de forma estraña na versión en PDF, o máis probable é que tamén se mostre de forma estraña no libro impreso ou na versión de OpenDocument.

Normalmente hai tres clases de problemas:

  • Móstrase un modelo que non ten contido (como unha caixa de navegación). Mire abaixo para saber como amañar isto.
  • Algo aparece mal, como 234+23 mostrando 234+23 no PDF, ou tendo espazos de máis. Isto normalmente é debido a un modelo que está codificado dunha forma non estándar, ou a un problema co software de renderización. Podes tentar amañar isto se coñeces como funcionan os modelos. Se non sabes como amañalo ou simplemente non tes maña cos modelos, podes deixar unha mensaxe na páxina de conversa do modelo, e colocar un aviso en Axuda:Libros/Retroalimentación e alguén lle botará unha ollada.
  • Contido e problemas de estilo, de gramática, con erros ortográficos, frases pobremente redactadas...

Amañando problemas

editar

Hai catro maneiras de resolver os problemas causados polos modelos:

Nota: Moitos modelos utilizan outros modelos para funcionar. Por tanto os grupos/tipos de modelos poden ser excluídos ó engadir a esta categoría o modelo usado normalmente.
  • Excluír certo contido específico: Utilizando Modelo:Agochar ó imprimir, certo contido específico, como unas cantas palabras ou unha imaxe, pode ser excluído da impresión.

    Este contido será impreso. {{Agochar ó imprimir|Este contido non se imprime.}} Este contido si que se imprime.

  • Incluír certo contido específico só dentro das versións de impresión: O Modelo:Só ó imprimir pode usarse para inserir contido que só será visible nas versións impresas.

    Este contido será impreso. {{Só ó imprimir|Este contido só aparecerá nos PDF ou ó imprimir libros, *non* co navegador.}} Este contido si sae na impresión.

  • Modelos substitutos: Pode crear unha versión de impresión dun modelo baixo o nome de "Modelo:NOMEMODELO/Impresión" sendo "Modelo:NOMEMODELO" o nome do modelo orixinal. Se existe unha páxina "/Impresión", esa páxina substituirá o modelo orixinal.

Os problemas de contido debidos a frases mal construídas, ou problemas de estilo como variacións no estilo das citas, só poden amañarse editando o artigo.

Estilo de contido de libro usando un artigo principal e artigos de apoio

editar

Un estilo de libro definible de forma doada, en termos do contido, é incluír un artigo principal e todos os artigos de apoio que se usan como extensións de determinadas seccións. Os artigos de apoio líganse normalmente ó comezo das seccións usando modelos como {{AP}} e {{VT}}. Os libros que usan este estilo de contido ofrecen unha cobertura comprensible do artigo principal, normalmente dentro dun número razoable de páxinas. Exemplos deste estilo de libro son Libro:Gato e Libro:Can.

O Modelo:Libro pode usarse para crear un artigo principal básico e un libro de artigos de apoio. O modelo tamén crea ligazóns ó comezo de subpáxinas para unha táboa de contidos e introdución ademais dunha categoría de libros baseada no artigo principal.

Libros de varios wikis

editar

Usando a extensión actualmente é imposible crear unha colección con contidos de diferentes wikis. Aínda así, pode crear de forma doada libros que conteñan artigos de varios wikis usando o bookmarklet ofrecido nesta páxina.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar